Inicio Pontevedra O CEIP Serra Vincios celebrou o Día da Paz cunha Xincana que...

O CEIP Serra Vincios celebrou o Día da Paz cunha Xincana que tivo por finalidade a recollida de alimentos

A comunidade educativa do CEIP Serra Vincios organizou para os seus alumnos unha Xincana no Día da Paz, que tivo por finalidade a recollida de alimentos non perecedoiros. Así mostraron a súa solidariedade coas persoas máis necesitadas residentes no Concello.

Estas actividades de dinamización e participación social destinadas ao público infantil teñen o propósito de concienciar a alumnos e alumnas o esforzo e traballo en grupo, seguidas dunha serie de actividades que ademais serviron para exercitar as habilidades motoras tanto dos alumnos coma dos profesores que foron os últimos en realizar o percorrido, todo iso co fin de alcanzar o obxectivo marcado, que consistía en conseguir patrocinadores, cun máximo de 6 por alumno, o que levaría a 6 Kg de produto por neno.

Esta iniciativa tivo moi boa acollida entre as familias e os alumnos, todos participaron nela con moito entusiasmo, cun total de 161 alumnos/ás de Infantil e Primaria e 16 profesores do claustro.
Á terminación do acto todo unidos entoaron a canción de Magin Blanco “Meu amor estoupa”.

O próximo xoves día 5 de febreiro será o Concello de Gondomar o encargado de pasar a recoller todos os alimentos conseguidos, que serán destinados ás persoas máis necesitadas de Gondomar.

CEIP-Serra-Vincios-Gondomar-celebrou-Día-da-Paz-Xincana-recollida-alimentosCEIP-Serra-Vincios-Gondomar-celebrou-Día-da-Paz-Xincana-recollida-alimentosCEIP-Serra-Vincios-Gondomar-celebrou-Día-da-Paz-Xincana-recollida-alimentos

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies