A importancia que teñen os programas de apoio á innovación e o emprendimiento para que Galicia siga creando empresas capaces de xerar emprego e riqueza púxose hoxe de manifesto na visita que o Presidente da Xunta de Galicia realizou ao Centro de Negocios de Porto do Molle, en Nigrán. Como comentou a Delegada gran parte do éxito das iniciativas que neste campo desenvolve o Consorcio radica en que, para levalos a cabo, buscouse a máxima colaboración institucional porque “no Consorcio estamos convencidos de que a suma dun máis un achega moito máis valor que un simple dous”.
O Presidente veu acompañado do Conselleiro de Industria, Francisco Conde, e na visita tamén estiveron presentes, ademais do Alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, o director xeral da Fundación Incyde, Javier Collado e o presidente da Cámara de Comercio de Vigo, García Costas. Todos estes organismos e institucións son copatrocinadores de distintos programas de apoio á creación de empresas. A Fundación Incyde e a Cámara participan no Innovation Start-up Vigo Camp e a Xunta a través das súas axencias, Gain, Igape e Xes Galicia, promove co Consorcio a aceleradora de empresas ViaVigo que xa está na súa segunda edición.
Ao comezo da visita, Teresa Pedrosa acompañou ao Presidente a coñecer a algunhas do quince empresas instaladas xa no viveiro de Porto do Molle, empresas que están a dar os seus primeiros pasos no mercado e das que se sinalou que algunhas delas, como Monet, Multibreves, Lámpadas de Cartón, Wayhoy, Sevennis e Bialactis, creáronse na primeira edición de ViaVigo que, pola calidade do seu programa e a cantidade de recursos que mobiliza xa está
considerada como unha das mellores aceleradoras de empresa de España. A continuación Pedrosa e Feijoo acompañados de Javier Collado e García Costas, reuníronse cos mozos titulados que esta semana comezaron as sesións do Innovation Start-up Vigo Camp. Pedrosa explicou que este “campamento” é unha iniciativa impulsada pola Fundación Incyde, en colaboración co Consorcio e a Cámara de Comercio con axuda do Fondo Social Europeo que consiste nunha experiencia nova, por medio da cal quince novos emprendedores xunto cos seus mentores pasarán dous meses de convivencia intensa durante os que idearán e deseñarán tres startup de alto contido innovador. O programa persegue dotar a este grupo de mozos das ferramentas necesarias para superar os dous maiores problemas aos que se segue enfrontando o emprendedor que son a difícil tarefa de xerar unha idea brillante e, en caso de chegar a xerala, enfrontar todas as dificultades que leva o facela realidade.
A continuación, todos os participantes trasladáronse ao salón de actos do Centro de Negocios onde, desde as 9 da mañá osresponsables dos 19 equipos que superaron satisfactoriamente o programa de capacitación de Academia defenderon os seus proxectos ante o Comité Técnico de ViaVigo para conseguir ser un dos 10 proxectos seleccionados que recibirán unha proposta formal de financiamento e unha invitación a incorporarse á fase final de Aceleración onde participarán en actividades orientadas a que o seu proxecto pase a ser xa unhas empresas de éxito. A todos eles o Presidente, a Delegada, o Conselleiro de Industria e o Alcalde de Nigrán entregáronlles os seus correspondentes títulos acreditativos do seu paso por ViaVigo. (FOTOS AO FINAL DO ARTÍCULO)
Na sua intervenmción 0 presidente do Goberno Galego, Alberto Núñez Feijóo, reafirmou a aposta da Xunta pola innovación, “unha aposta de país”, dixo, para unha Galicia ambiciosa que non se conforma e quere crecer. Afirmou que a innovación seguirá a ser un dos tres grandes eixos da política económica do Executivo galego, xunto co pulo industrial, recollido na Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, e a busca de novos mercados, promovida a través da Estratexia de Internacionalización.
“A innovación non é un gasto é un investimento”, aseverou, e lembrou que este é o principio que puxo en marcha a Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS3), coa que se recollen as prioridades da innovación galega de aquí a 2020 e que permitirá á Comunidade mobilizar 1.600 millóns de euros en investimentos innovadores.
Nesta liña, salientou que a Xunta apoiará con ata 75.000 euros a cada un dos proxectos seleccionados dentro da iniciativa “ViaVigo”, “porque cremos que proxectos como estes hai que apoialos con financiamento a fondo perdido e tamén a través de créditos”, explicou.
Conscientes de que as necesidades dos emprendedores non se reducen a unha cuestión financeira, o responsable do Goberno galego destacou a importancia de ofrecer tamén asesoramento acompañándoos coa Unidade Galicia Emprende que xa leva aconsellado a máis de 250 proxectos.
Así mesmo, referiuse ao compromiso da Xunta coa formación, a través de programas para estimular o espírito emprendedor e nos que levan participado máis de 5.000 alumnos.
O presidente do Goberno galego destacou o traballo da Zona Franca de Vigo para desenvolver iniciativas como “ViaVigo”, na que tamén participa a Xunta, e avanzou o obxectivo de estender esta iniciativa a Lugo e Ourense, “para que tamén teñan o seu propio proxecto de aceleradora de empresas”. Non en van, resaltou que no Concello de Vigo creáronse 736 novas empresas en 2014, un 13,6% máis que en 2013; e, no conxunto da comarca, o incremento foi de case un 11%.
O titular da Xunta concluíu a súa intervención destacando o talento dos participantes, un talento que, segundo aseverou, non se pode desaproveitar, e que hai que seguir formando para poñer ao servizo da sociedade.
No auditorio, ademais dos emprendedores, formadores e colaboradores, tamén estaban presentes directivos das preto de sesenta empresas que xa están instaladas no parque empresarial Porto do Molle onde en menos de tres anos creáronse 596 empregos. Ao termo da mañá, empresarios e emprendedores tiveron a ocasión de intercambiar coñecementos e experiencias mentres tomaban un aperitivo.
Vía Vigo é unha aceleradora de empresas e emprendedores deseñada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e promovida, nesta segunda edición, polo Consorcio e a Xunta de Galicia. A través dun programa de aceleración para o desenvolvemento, en Vía Vigo dáse soporte e asistencia a emprendedores e empresas na súa fase inicial, xa que se lles proporciona, formación a través dunha rede de mentoring, infraestrutura, asesoramento intensivo e capital semente co obxectivo de incrementar as posibilidades de éxito empresarial.
ViaVigo alóxase nas instalacións do Centro de Negocios de Porto do Molle (Nigrán) onde se ofrecen todos os servizos necesarios para as diferentes fases do programa.
PROMOTORES DE VIAVIGO:
DESCRICIÓN DOS 19 PROXECTOS PARTICIPANTES NA FASE DE “ACADEMIA” DA ACELERADORA DE EMPRESAS VIAVIGO:
AMEIGA. Estudo de videoxogos, orientado a realizar xogos máis humanos, que apostan por utilizar as últimas tendencias en tecnoloxías, dentro do deseño de xogos.
AVALINGUA. Avalingua é un corrector intelixente da linguaxe escrita e un evaluador do coñecemento lingüístico dun alumno que estuda ou usa unha lingua.
CHAMALEON BAND. Pulseira intelixente que se adapta ao teu estilo de vida. Potencia as relacións sociais, controis de acceso, pago, biométrica, notificacións, gamificación, uso profesional… o límite é a imaxinación.
CHRONIUM. Chronium permite unha xestión simple e eficiente de redes de dispositivos. Realiza procedementos de configuración masivos de forma sinxela e automática e ofrece monitorización en tempo real dos procesos de negocio.
CITIOUS. Aplicación de mensaxería instantánea que mellora a atención ao cliente que ofrecen empresas e administracións. Con Citious as empresas poderán crear a súa propia aplicación móbil e ofrecer aos seus usuarios unha nova forma de xestionar a atención ao cliente.
CONECTORS PLUS | WELCOME PLUS. Axencia de mobilidade internacional que pretende mellorar a formación e a empleabilidad das persoas, ofrecendo un servizo de acollida e integración nos primeiros días de estancia.
COUNCIL BOX. É unha plataforma que achega seguridade xurídica aos procesos necesarios para a celebración de xuntas de accionistas, xuntas de dirección e consellos de administración por vídeo streaming desde calquera dispositivo fixo ou móbil.
DROPPAY. Aplicación para móbiles que permite xerar en segundos unha solicitude de pago con cartón.
EMBUTIDO VEXETAL. Embutido vexetal en base a cabaza producida en Galicia segundo normas de produción ecolóxica.
FISHING TRAP. Cebo deseñado para a pesca comercial e con posibilidades na pesca deportiva co obxectivo de substituír a sardiña natural.
H2 HYDROPONICS. Ofrece a innovación, eficiencia e sustentabilidade que a agricultura demanda, a través do desenvolvemento de sistemas de cultivo hidropónicos máis fáciles de usar, máis estables e máis eficientes energéticamente.
LATITUDE. Centro de referencia en moda sustentable made in Europe que achegará a márcalas coñecemento e capacidade produtiva en talleres galegos.
MYR PERFORMANCE. Deseño de máquinas de adestramento deportivo mediante a aplicación da tecnoloxía inercial.
NEMO. Sistema de geolocalización e control de temperatura/humidade para mercadorías perecedoiras.
SILA GAMES. Cun pago mensual permite acceder aos usuarios ao total do catálogo de xogos, é a tarifa plana dos videoxogos.
SPORTRACKING. Rede social para compartir vídeos de deportes con tracking automático que inclúe unha app multiplataforma.
VERSABOTICS. Empresa de I+D+i, de visión artificial e software offline para dar versatilidade e multifuncionalidad a robots industriais.
VIDAHORA. Plataforma (Web+App) orientada a crear hábitos saudables nas empresas. Permite unha comunicación eficaz co traballador e ofrece ferramentas para mellorar o seu estado físico e emocional.
WEKNOW. Weknow é a rede social para crear preguntas rápidas e visuais, que che axudarán a tomar decisións grazas aos votos dos teus amigos ou seguidores.














