spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán participa en Santiago de Compostela no Foro da Cooperación Municipalista da...

Nigrán participa en Santiago de Compostela no Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía

Nigrán participa en Santiago de Compostela no Foro da Cooperación Municipalista da LusofoníaO alcalde, que preside o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, pechou hoxe a xornada na que participan representantes dos diferentes países de lingua portuguesa

O alcalde de Nigrán, Juan González, pechou esta tarde en Santiago o Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade que preside.

“Nos 22 anos de historia do Fondo os países lusófonos sempre resultaron chave no establecemento de relacións de cooperación por unha cuestión fundamental: a lingua galega, lingua irmá do portugués, esta permítenos relacionarnos con países e institucións de lingua oficial portuguesa sen necesidade de intermediarios”, indicou González na apertura das xornadas onte na EGAP (Escola Galega de Administración Pública). A delegación do Concello de Nigrán onte estivo tamén representada pola concelleira de Asuntos Sociais, Bibiana Peixoto, e de , Ladislao Alonso, concelleiro de Relacións Veciñais e Medio Rural.

Neste encontro tratarán de sentarse as bases entre o municipalismo dos países lusófonos, para unha futura cooperación máis frutífera, basada nos ODS (Obxectivos do Desenvolvemento Sostible). Os asistentes comparten coñecementos con delegacións de Angola, Guinea Bissau, Cabo Verde, Mozambique, Santo Tomé e Príncipe, Brasil e Portugal, así coma con representantes da Unión de Cidades Capitais de Lingua Portuguesa. Un evento de gran envergadura e de suma importancia para o municipalismo galego, que pretende situar a Galicia no centro das relacións da cooperación entre as entidades locais dos países de lingua oficial portuguesa, a través do lanzamento da Rede de autoridades locais da lusofonía polos ODS.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación sen ánimo de lucro composta actualmente por 97 concellos e 3 deputacións de Galicia, que ten por obxectivo establecer lazos de cooperación e solidariedade cos pobos do Sur a través de actividades de sensibilización e proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.