spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán o Día do Libro cunha homenaxe a Álvaro Cunqueiro no seu...

Nigrán o Día do Libro cunha homenaxe a Álvaro Cunqueiro no seu 40 cabodano

Nigrán o Día do Libro cunha homenaxe a Álvaro Cunqueiro no seu 40 cabodanoAs actividades comezarán ás 11:30 horas no Auditorio Municipal cunha mesa coloquio e unha lectura continuada de ‘Os outros feirantes’. Ademáis, haberá dous postos con diversidade de libros para levar de balde ou para intercambiar

O Concello de Nigrán celebra o Día do Libro este propio venres 23 de abril no Auditorio Municipal cunha xornada matinal adicada á figura de Álvaro Cunqueiro ao coincidir este 2021 co seu 40 cabodano. O obxectivo do goberno local é promover a lectura entre a veciñanza e, ao mesmo tempo, a propia lingua galega a través dun dos seus escritores máis ilustres. Así, ademais de analizar a figura de Cunqueiro, instalaranse dous stans con gran variedade de libros para levar de balde e outro de troco (deixo un e levo outro).

O Concello ofrecerá no CEIP Humberto Juanes as obras ‘Merín e Familia’ e ‘Se o vello Sinbad volvese ás illas’

A xornada comezará ás 11:30 cunha charla coloquio a cargo de Henrique Costas, catedrático en filoloxía galega da Universidade de Vigo, e Iago Castro, mestre no IES Val Miñor e especialista en Álvaro Cunqueiro. A continuación (12:00) terá lugar unha lectura continuada do libro “Os outros feirantes” (libro de relatos publicado en 1971) aberto á participación da cidadanía. Finalmente, desde as 13:00 horas o grupo Koremi representará no CEIP Humberto Juanes un contacontos tamén baseado nas obras de Cunqueiro “Se o vello Sinbad volvese ás illas” e “Merlín e familia

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.