Tal e como avanzou onte o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, o goberno municipal inicia hoxe o traslado dos residuos depositados no terreo da zona da Camesella ao punto limpo, inaugurado na tarde de onte.
Control na zona. –
Así mesmo, Valverde anuncia que se procederá a realizar un control estrito e rigoroso na zona, coa imposición da correspondente sanción se procede, para evitar o depósito de residuos en espazos non autorizados como o da Camesella, e reducir así calquera impacto ambiental negativo para o ámbito, “como xa aconteceu na mañá de hoxe, ao interceptar a Policía Local a un camión intentando depositar restos de poda nunha zona non habilitada para tal efecto”, sinala.
Horarios e guía para a clasificación de residuos nos puntos limpos:
O Alcalde recorda que ata novo aviso, e atendendo á época estival, o punto limpo permanecerá aberto ao público de luns a venres de 16.00 a 19.00 horas e venres e sábados de 10.00 a 14.00 horas. “Con esta amplitude horaria, esperemos concienciar a poboación da necesidade de tratar de forma axeitada e responsable o depósito e reciclado de residuos, ao tempo que dar un mellor e máis completo servizo aos nosos veciños”.
Por outro lado, os veciños poderán consultar a través da páxina Web municipal, na área de Medio, unha guía útil para a clasificación de residuos nos puntos limpos, “que lles orientará sobre que residuos se poden trasladar a esta nova infraestrutura e como deben depositarse, conclúe Valverde.
FOTO: Alcalde e concelleiro de medio supervisan a retirada de residuos na zona 2



