Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán celebra o Día Internacional da Discapacidade coa 'I Gala de Talentos'...

Nigrán celebra o Día Internacional da Discapacidade coa ‘I Gala de Talentos’ para dar visibilidad ás diferentes aptitudes das persoas

Nigrán celebra o Día Internacional da Discapacidade coa 'I Gala de Talentos' para dar visibilidad ás diferentes aptitudes das persoas Unha ducia de persoas con diferentes discapacidades exporá durante a gala o seu gran talento en disciplinas como a música, o deporte, a pintura…

O Concello de Nigrán, a través do grupo de traballo ‘Un Nigrán para todos’, ofrece este martes 3 a partir das 17:30 horas no Auditorio Municipal a ‘I Gala Un Nigrán de Talentos’ coa que conmemora o Día Internacional da Discapacidade. O obxectivo desta xornada é visibilizar, a través dunha ducia de persoas como protagonistas, as diferentes aptitudes nas que cada un destaca. Paralelamente, o Concello lanza un reto viral para que as persoas amosen mediante unha fotografía en redes sociais o seu talento especial baixo o hashtag #UnNigrandeTalentos. A celebración deste día arrancará ás 11:00 horas dende a Casa do Concello cunha marcha ciclista.

“Todas as persoas, absolutamente todas, temos un talento especial, e no caso das persoas con diversidade existe unha tendencia a non visibilizalo socialmente, polo que dende o Concello queremos rachar con esta imaxe e estereotipo erróneo”, subliña o alcalde, Juan González.

Así, durante esta gala conducida polo director de Teatro do Ar Pedro Villar e que contará coa actuación da cantante Lucía Doval, intervirán persoas como Nacho Fernández, campión de España de slalom para persoas con parálise cerebral; Horácio Pelaez, persoa con discapacidade intelectual que aprobou unha oposición a ordenanza; Berni Costas, campión de baloncesto en cadeira de rodas; Yolanda Manrique Pereira, pintora de renome internacional con trastorno do espectro autista… Unha ducia de talentos aos que o Concello de Nigrán desexa amosar o seu recoñecemento público á vez que contribuír a rachar coas etiquetas negativas sobre as diferentes capacidades das persoas.

Durante a gala, o Concello de Nigrán disporá das mochilas vibratorias e, para finalizar, o CEE de Panxón servirá uns petiscos elaborados polos seu alumnado.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies