Inicio Pontevedra Nigrán aprueba a reforma integral do edificio consistorial co fin de outorgalle...

Nigrán aprueba a reforma integral do edificio consistorial co fin de outorgalle accesibilidade

nigran-aprueba-a-reforma-integral-do-edificio-consistorial-co-fin-de-outorgalle-accesibilidade

A derradeira Xunta de Goberno Local do Concello de Nigrán aprobou o pasado 3 de decembro o proxecto de “Reforma básica de condicións de accesibilidade da casa consistorial e o seu entorno”, unha obra cun custe de 132.995,56 euros e que será financiada ao 100% pola Deputación de Pontevedra tras substituír á proposta do anterior goberno de crear con eses cartos unha sala de lectura nas escolas de Cotros (onde se atopa a Escola Municipal de Cerámica).

Nigrán-proxecta-habilitar-antigas-escolas-Cotros-biblioteca-municipalA iniciativa enmárcase, por tanto, no primeiro paso firme de cara a lograr “Un Nigrán para todos”, lema do proxecto pioneiro en Galicia no que Concello e o Centro de Educación Especial Juan María traballan para promover a inclusión e mellorar a accesibilidade física e sensorial en todo municipio.

A reforma e acondicionamento circunscríbese ao entorno inmediato do Concello e á planta baixa do edifizo antigo, un espazo moi deteriorado polo uso, a carencia de reformas (a última foi en 2013 para reubicar Servizos Sociais) e cunha distribución pouco axeitada para o seu correcto funcionamento. O resultado é que actualmente non está adaptado ás normativas que foron xurdindo e, consecuentemente, presenta problemas de accesibilidade.

Á erradicación dos obstáculos físicos únense os sensoriais, xa que no grupo de traballo composto co centro de Educación Especial Juan María se acordarán a instalación de pictogramas, sinais ou letreiros comprensibles tamén para persoas con discapacidade intelectual.

Así, adecuaranse aseos (non hai ningún adaptado), ampliarase e substituirase a porta de entrada (se lle engadirá rampa de acceso),  eliminarase o peldaño semicircular existente no interior do Concello, crearanse itinerarios accesibles, eliminaranse as zonas acristaldas para facer aberto todo o espazo, renovarase o mobiliario… A maiores se incluirá un sistema de renovación do aire, un sistema de falso teito con illamento acústico, mudarase o pavimento por un antideslizante ou a instalación eléctrica substituirase por LED (máis eficiente)…

Roteiros seguros

O proxecto non se limita ao Concello, se non as súas inmediacións tamén. O seu entorno, actualmente con gran tráfico peonil  debido á presencia do colexio Humberto Juanes, é compartido indistintamente por vehículos e persoas (fundamentalmente nenos). Así, operarios municipais xa abriron o espazo necesario para a construción de beirarrúas que discorrerán dende a Praza do Concello e ao carón das escolas infantís e antigas casas dos mestres, o que permitirá un acceso peonil ao colexio completamente seguro para os escolares, ao tempo que se dará máis protagonismo á Praza. A esta obra se engade a de mellora da seguridade viaria en Alcalde Manuel Alonso, ao lado de Concello, e a instalación dun paso peonil elevado antes de chegar ao cruce con Vilameán para diminuír así a velocidade dos vehículos (en Vilameán tamén se proxecta outro paso peonil elevado e, xa no tramo próximo á rúa Pedrosa, ampliaranse 39 metros de calzada).

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
307SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies