A derradeira Xunta de Goberno Local do Concello de Nigrán aprobou o pasado 3 de decembro o proxecto de “Reforma básica de condicións de accesibilidade da casa consistorial e o seu entorno”, unha obra cun custe de 132.995,56 euros e que será financiada ao 100% pola Deputación de Pontevedra tras substituír á proposta do anterior goberno de crear con eses cartos unha sala de lectura nas escolas de Cotros (onde se atopa a Escola Municipal de Cerámica).
A iniciativa enmárcase, por tanto, no primeiro paso firme de cara a lograr “Un Nigrán para todos”, lema do proxecto pioneiro en Galicia no que Concello e o Centro de Educación Especial Juan María traballan para promover a inclusión e mellorar a accesibilidade física e sensorial en todo municipio.
A reforma e acondicionamento circunscríbese ao entorno inmediato do Concello e á planta baixa do edifizo antigo, un espazo moi deteriorado polo uso, a carencia de reformas (a última foi en 2013 para reubicar Servizos Sociais) e cunha distribución pouco axeitada para o seu correcto funcionamento. O resultado é que actualmente non está adaptado ás normativas que foron xurdindo e, consecuentemente, presenta problemas de accesibilidade.
Á erradicación dos obstáculos físicos únense os sensoriais, xa que no grupo de traballo composto co centro de Educación Especial Juan María se acordarán a instalación de pictogramas, sinais ou letreiros comprensibles tamén para persoas con discapacidade intelectual.
Así, adecuaranse aseos (non hai ningún adaptado), ampliarase e substituirase a porta de entrada (se lle engadirá rampa de acceso), eliminarase o peldaño semicircular existente no interior do Concello, crearanse itinerarios accesibles, eliminaranse as zonas acristaldas para facer aberto todo o espazo, renovarase o mobiliario… A maiores se incluirá un sistema de renovación do aire, un sistema de falso teito con illamento acústico, mudarase o pavimento por un antideslizante ou a instalación eléctrica substituirase por LED (máis eficiente)…
Roteiros seguros
O proxecto non se limita ao Concello, se non as súas inmediacións tamén. O seu entorno, actualmente con gran tráfico peonil debido á presencia do colexio Humberto Juanes, é compartido indistintamente por vehículos e persoas (fundamentalmente nenos). Así, operarios municipais xa abriron o espazo necesario para a construción de beirarrúas que discorrerán dende a Praza do Concello e ao carón das escolas infantís e antigas casas dos mestres, o que permitirá un acceso peonil ao colexio completamente seguro para os escolares, ao tempo que se dará máis protagonismo á Praza. A esta obra se engade a de mellora da seguridade viaria en Alcalde Manuel Alonso, ao lado de Concello, e a instalación dun paso peonil elevado antes de chegar ao cruce con Vilameán para diminuír así a velocidade dos vehículos (en Vilameán tamén se proxecta outro paso peonil elevado e, xa no tramo próximo á rúa Pedrosa, ampliaranse 39 metros de calzada).




