spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán apraza a outono a celebración da gala dos IX Premios Nigrán

Nigrán apraza a outono a celebración da gala dos IX Premios Nigrán

nigran-pon-en-marcha-un-programa-pioneiro-en-estimulacion-cognitiva-para-a-3a-idadeO Concello de Nigrán aprazará ao outono a celebración da gala dos IX Premios Nigrán, prevista para este sábado 18 de abril, e proporá modificar o formato de xeito excepcional para recoñecer as diferentes iniciativas na loita contra o Covid-19 no municipio.

O goberno local trasladará a oposición e ás diferentes entidades que con anterioridade á crise sanitaria xa realizaran propostas, a opción de que estas se pospoñan para a décima edición, xa no 2021.

“A magnitude desta crise sanitaria consideramos que obriga a modificar o formato da gala para poder homenaxear ás persoas, empresas e profesionais que se están a entregar altruístamente a loitar nesta causa. 2020 non será recordado na Historia como un ano normal e os Premios Nigrán deben saber adaptarse a estas circunstancias”, explica o alcalde, Juan González, quen incide na idea de manter as propostas previas realizadas polas entidades para a vindeira edición de 2021, “non sería xusto obvialas cando ellas fixeron as súas achegas en tempo e forma”. Deste xeito, o propio rexedor convocará unha reunión coa oposición e as asociacións, unha vez que as circunstancias regresen á normalidade, co obxectivo de consensuar esta novena edición e, conseguintemente, a de 2021.

A gala da novena edición estaba previsto que se celebrase este sábado e o goberno xa recibira as diferentes candidaturas propostas polas entidades

O xa consolidado acto institucional dos ‘Premios Nigrán’ pretende ser un recoñecemento público de todo o pobo de Nigrán á traxectoria dos premiados, e os estes se dividen desde a súa orixe nas categorías de mérito educativo, cultural, empresarial, social e deportivo. Asemesmo, a proposición de candidatos parte non só do goberno, senón tamén da oposición e de todas as entidades de Nigrán que desexen participar.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.