spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán acolle senllos cursos de iniciación ao medio radiofónico dirixidos a pequenos...

Nigrán acolle senllos cursos de iniciación ao medio radiofónico dirixidos a pequenos e adultos

 

Curso Radiofónico Onda Miñor
Curso Radiofónico Onda Miñor

Onda Miñor, como se denomina o proxecto, terá lugar do 1 ao 22 de setembro en horario de mañá ou tarde no Centro Antena do municipio nigranense

Cada obradoiro terá unha duración de dez sesións de unha hora cada unha e impartiranse os luns, mércores e xoves, en horario de 10.30 a 11.30 horas, no caso dos adultos e de 17.00 a 18.00 horas, para as rapazas e rapaces a partir de 7 anos.
Os obradoiros están adaptados tanto ao público ao que se dirixen como á idade dos participantes, aos que se lles facilitará todo o material teórico- práctico necesario para a formación. Onda Miñor pretende así dar a coñecer os aspectos básicos e as técnicas da radio, desenvolver a capacidade creativa e expresiva, fomentar a lectura dunha forma lúdica e mellorar a comunicación verbal do alumnado.

AA VV O Torreiro
Ademais dos realizados en Nigrán, levarase a cabo outro curso de radio orientado a mozos e adultos (a partir de 18 anos) nas instalacións da Asociación de Veciños O Torreiro de Coia, en Vigo. Este terá lugar os martes e xoves do 9 ao 30 de setembro, en horario de tarde. O período de matrícula neste caso será dende o 11 de agosto ao 3 de setembro e formalizarase ben na propia sede da asociación O Torreiro ou ben no email: valdeondas@gmail.com.

Iniciativa Xove 2014
Onda Miñor é un proxecto subvencionado polo programa de Iniciativa Xove 2014 da Xunta de Galicia, no que colaboran os departamentos de Cultura, Educación e Igualdade do Concello de Nigrán, así como a Asociación de Veciños O Torreiro de Coia.

Máis información en:

659 023 234
651 191 475
valdeondas@gmail.com

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.