spot_img
InicioO SalnésMáis de 500 deportistas tomarán a saída na 27ª edición da Baixada...

Máis de 500 deportistas tomarán a saída na 27ª edición da Baixada do Umia

Máis de 500 deportistas tomarán a saída na 27ª edición da Baixada do UmiaMáis de 500 participantes tomarán a saída baixo a ponte de Barrantes o vindeiro sábado. O vindeiro sábado día 7 de agosto a partir das 16:30 horas darase a saída á 27º Edición a Baixada do Umia pertencente á liga galega das categorías cadete, xuvenil, senior e veterano. Nesta proba tomarán parte 524 deportistas que representan a 39 equipos.

Na tarde onte presentouse en Ribadumia unha das competicións fixas no calendario galego. Ao acto asistiron o alcalde do municipio David Castro, Manuel González deputado provincial, o presidente da Federación Galega de Piragüismo José Alfredo Bea e o director da proba José Manuel Vázquez. A partir das 16.30 horas un total de 397 embarcacións tomará a saída para cubrir os 12 quilómetros de percorrido.

O inicio da proba será baixo a ponte de Barrantes e os participantes tomarán dirección cara á desembocadura en Castrelo, para logo volver remontando o río ata a meta.

Como vén sendo habitual, o Club Náutico O Muiño organizador da competición xunto coa Federación Galega de Piragüismo pon dous Metas volantes en honra a dous ex deportistas do Club Jose Manuel Torres ” Iño” e José Ramón Serantes ” peke” nas pontes de Bayón e Puente Arnelas respectivamente para a primeira embarcación K2 muller cadete e C1 senior. Ademais farase un recordatorio uno dos primeiros deportistas da entidade como foi “Pajete”.
- Publicidade -spot_img