spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar conmemorará o Día da Muller coa III Carreira a Prol da...

Gondomar conmemorará o Día da Muller coa III Carreira a Prol da Corresponsabilidade

gondomar-estrea-a-sua-primeira-guia-de-informacion-turistica-en-fiturComo conmemoración do Día Internacional da Muller, o Concello de Gondomar organiza, a través da Concellaría de Igualdade, para o venres día 6, un conxunto de actividades que están cofinanciadas pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

En colaboración cos IES Auga da Laxe e Terra de Turonio farase a III Carreira a Prol da Igualdade, contando con 123 adolescentes de 3º da ESO dos institutos mencionados. A carreira sairá ás 12.15h dende o pavillón e o seu percorrido se pode ver no mapa que se achega, xa que a circulación sufrirá variacións.

*En caso de que non chova levarase a cabo a III Carreira a prol da Igualdade

• En colaboración cos IES Auga da Laxe e Terra de Turonio farase unha carreira a prol da igualdade, contando con 123 alumnos/as participantes de 3º da ESO.
• A carreira desenvolverase a partir das 12.15 horas polas rúas do Concello co gallo de favorecer a visibilidade da actividade.
• Nun primeiro momento e antes de comezar a carreira, dividirase ás persoas participantes en parellas, promovendo o establecemento de parellas mixtas (rapaza-rapaz). A cada persoa participante se lle entregará un mandil co logo da carreira.
• As parellas irán unidas entre si mediante unha goma nos pés e outra nas mans; de modo que realicen a carreira unidos/as por medio destes elementos. Unha vez que todos/as os/as participantes estean unidas mediante estes elementos, aclararase o percorrido, a necesidade de pasar polo checkpoint para recoller a súa proba, e a chegada á meta.
• Unha vez vaian chegando todas as parellas, e antes de traspasar a liña de meta, deberán indicarlle a unha das persoas dinamizadoras a resposta correcta á proba de tipo lóxico-deductivo facilitada no checkpoint. As parellas que non respondan correctamente á proba non poderán traspasar a meta e irán formando unha fila por orde de chegada. Cando teñan a solución, comunicaranllo a unha das persoas organizadoras.
• As tres primeiras parellas que resolvan correctamente a proba e finalicen a carreira pasarán á gran final onde participarán no Concurso a prol da corresponsabilidade.
*En caso de choiva farase unha actividade a Prol da Corresponsabilidade.

En caso de choiva seguirase o mesmo procedemento pero en lugar de ser unha carreira a actividade desenvolverase no pavillón. Os participantes estarán divididos en 8 grupos diferentes acompañados/as por un/unha monitor/a que se situarán nunha das zonas acoutadas do pavillón. Nesta zona realizarán unha carreira con obstáculos, da que as tres primeiras parellas en resolvela participarán no Concurso a prol da corresponsabilidade

* Concurso a prol da corresponsabilidade

Unha vez rematada a carreira, todos/as os/as participantes dirixiranse ao Auditorio onde as tres parellas finalistas da carreira deberán competir entre si a través de distintas probas que irán intercalando de modo sucesivo. Só pasará a final (a segunda fase) as dúas parellas con maior puntuación, que serán as persoas que realizarán a proba 4.
As probas van a ser: Pasalo Ferro, Bricolaxe, Pinches de Cociña e na segunda Fase a proba consiste en que as parellas consensuen a resposta en canto a unha frase que fará referencia a un Mito ou Realidade. Unha vez realizadas todas as probas procederase ao reconto de puntos.

Cada unha das parellas finalistas recibirá un premio pola súa participación que será definido previamente. E a parella finalista que obteña máis puntuación gañará o concurso.

MAIS INFORMACIÓN:

III Carreira a prol da corresponsabilidade

- Publicidade -spot_img