spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar conmemora o Día da Muller coa III Carreira a Prol da...

Gondomar conmemora o Día da Muller coa III Carreira a Prol da Corresponsabilidade

Gondomar conmemora o Día da Muller coa III Carreira a Prol da CorresponsabilidadeO concello de Gondomar a través do CIM leva a cabo o 3º Plan Municipal para a Igualdade de Oportunidades e Trato entre Homes e Mulleres 2012-2015.

Este Plan elaborouse para que se visualice o compromiso do concello de Gondomar coa Igualdade de Oportunidades e de Trato entre Homes e Mulleres. O obxectivo é contribuír a consecución de igualdade de oportunidades de mulleres e homes do territorio no ámbito público, privado e doméstico. Con este Plan pretendese a implantación dos principios básicos de Igualdade de Oportunidades entre a cidadanía e colectivos comunitarios promovendo a participación e implicación dos e das axentes clave do territorio na súa execución desenvolvemento.

Este Plan está organizado en áreas de intervención obxectivos e accións. As accións materializan os obxectivos.  En total son 49 accións deseñadas que se engloban dentro de distintas áreas estratéxicas tentando consolidar o traballo desenvolvido pola Concellería de Igualdade nestes últimos anos, mantendo accións exitosas e afianzando servizos e liñas de traballo. Non obstante, ábrense novos percorridos a través da potenciación da web como mecanismo de difusión e visibilización; do traballo mecanismo de difusión e visibilización; do traballo con mulleres maiores e mozas cara incrementar a súa autonomía e empoderamento; da descentralización de accións de entendendo que o tecido asociativo de mulleres ten un papel fundamental no traballo a prol da igualdade; en definitiva amosando novos camiños onde sementar.

Como conmemoración do Día Internacional da Muller, o Concello de Gondomar organizou, a través da Concellaría de Igualdade, un conxunto de actividades que se realizaron o venres día 6 e que están cofinanciadas pola Xunta de Galicia  a través da Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Para conmemorar este día tamén contamos coa presenza do alcalde de Gondomar Fernando Guitián e todo o equipo de goberno.

En colaboración cos IES Auga da Laxe e Terra de Turonio celebrouse a III Carreira a Prol da Igualdade, contando con 123 adolescentes de 3º da ESO dos institutos mencionados. A carreira saíu ás 12.15h dende o pavillón e o seu percorrido se pode ver no mapa que se achega.

-III Carreira a Prol da Igualdade

A carreira a pro da Igualdade empezou as 12.15 horas polas rúas do Concello co gallo de favorecer a visibilidade da actividade. Nun primeiro momento e antes de comezar a carreira, dividíronse ás persoas participantes en parellas, promovendo o establecemento de parellas mixtas (rapaza-rapaz).  A cada persoa participante entregóuselle un mandil co logo da carreira.

As parellas foron unidas entre si mediante unha goma nos pés e outra nas mans; de modo que realizaron a carreira unidos/as por medio destes elementos. Unha vez que todos/as os/as participantes estiveron unidos mediante estes elementos, aclarouse o percorrido, a necesidade de pasar polo checkpoint para recoller a súa proba, e a chegada á meta.

Unha vez foron chegando todas as parellas, e antes de traspasar a liña de meta, indicáronlle a unha das persoas dinamizadoras a resposta correcta á proba de tipo lóxico-deductivo facilitada no checkpoint. As parellas que non responderon correctamente á proba non puideron traspasar a meta e foron formando unha fila por orde de chegada. Cando tiñan a solución, comunironllo a unha das persoas organizadoras.

As tres primeiras parellas que resolveron correctamente a proba e finalizaron a carreira foron:

Iria Montero Alonso con Gael Rial Prieto

Elena Costas Martín con Anxo Iglesias Nuñez

Nerea Perelló Gonzalez con Marcelo Comesaña Gonzalez

Estas foron as parellas que pasaron á gran final onde participaron no Concurso a prol da corresponsabilidade.

 *Concurso a prol da corresponsabilidade

Unha vez rematada a carreira, todos/as os/as participantes dirixíronse ao pavillón. No pavillón celebrouse o Concurso a Prol da Corresponsabilidade e acondicionouse un escenario e como se fose un concurso televisivo os dinamizadores convertíronse en presentador/a, xurado, animador/a público e cámara. O xurado estivo composto polo alcalde Fernando Guitián,  pola concelleira Patricia Durán e por Marga Pardo que é a Abogada e Directora do Cim. O alumnado e o resto da comunidade educativa participaron ou coma público tiveron un papel destacado no concurso sendo co-participes do mesmo a través de distintas accións propostas. As tres parellas que resolveron correctamente a proba e finalizaron a carrerira son os concursantes.

Estas tres parellas competiron entre si a través de distintas probas que foron intercalando de modo sucesivo. As proba foron:

*Pasalo Ferro: Cada parella concursante tivo un cubo con roupa de diverso tipo, unha táboa para pasar o ferro e un ferro. Tratouse de pasarle o ferro ao maior número de prendas posible e dobralas correctamente, no mínimo tempo posible, avaliándose durante a proba a  cantidade de roupa  correctamente  dobrada,  a  calidade  da  labor  realizada  e  a  compenetración  e respecto dos/as membros da parella.

*Bricolaxe: As distintas  fases da proba son: montaxe dun estante, arranxo dunha billa, colocación dun portalámpadas, etc. Tiveron que realizar a proba no menor tempo posible pero tendo especial coidado, mimo e seguridade (para o cal contamos coa valoración do  xurado  que podía penalizar e mesmo quitar a puntuación).

*Pinches de cociña: Os/as participantes amosaron nesta proba as súas cualidades na cociña,  realizando un riquísimo menú no mínimo tempo posible. Mentres unha das persoas da parella elabora unha rica tortilla a outra persoa cociñaba o acompañamento: unha rica ensalada.

Só pasaron a final (a segunda fase) as dúas parellas con maior puntuación e realizaron a proba 4.

*Na segunda Fase a proba consistíu en que as parellas consensuen a resposta en canto a unha frase que facía referencia a un Mito ou Realidade. Léronse ata cinco enunciados e nesta proba tiñan a axuda do comodín do público.

Unha vez realizadas todas as probas procedeuse ao reconto de puntos. Cada unha das parellas finalistas recibíu un premio pola súa participación. E a parella finalista que obtivo a maior puntuación e estaba composta por Iria Montero Alonso e Gael Rial Prieto que foron os gañadores do concurso.

Gondomar conmemora o Día da Muller coa III Carreira a Prol da CorresponsabilidadeGondomar conmemora o Día da Muller coa III Carreira a Prol da CorresponsabilidadeGondomar conmemora o Día da Muller coa III Carreira a Prol da CorresponsabilidadeGondomar conmemora o Día da Muller coa III Carreira a Prol da CorresponsabilidadeDIA DA MULLER 6Gondomar conmemora o Día da Muller coa III Carreira a Prol da CorresponsabilidadeGondomar conmemora o Día da Muller coa III Carreira a Prol da CorresponsabilidadeGondomar conmemora o Día da Muller coa III Carreira a Prol da CorresponsabilidadeGondomar conmemora o Día da Muller coa III Carreira a Prol da Corresponsabilidade

 

 

- Publicidade -spot_img