spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar amplia a oferta das Escolas Deportivas para o curso 2014/2015

Gondomar amplia a oferta das Escolas Deportivas para o curso 2014/2015

Gondomar deportes

 

 

A Concellaría de Deportes do Concello de Gondomar abre o luns, día 15 de setembro, o prazo de inscricións para as Escolas Deportivas para o curso 2014/2015. As clases, que comezarán o próximo 1 de outubro, están dirixidas a todo o mundo, preferentemente ás empadroadas no municipio, e terán unha duración de 8 meses.

O prazo de matrícula abre o vindeiro luns, 15 de setembro

Durante o pasado curso, cerca de 300 veciños e veciñas de Gondomar participaron xa das diferentes modalidades deportivas que se desarrollan no municipio.

As persoas interesadas poderán inscribirse, durante a segunda quincena de setembro, no Pavillón Municipal de Deportes, en horario de 10.00 a 12.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas

Un ano mais, o Concello de Gondomar amplia a suas escolas deportivas, gracias a importante colaboración da Deputación de Pontevedra e dos clubes da comarca, e as modalidades ofertadas son:

*- Por parte da Deputación de Pontevedra, de carácter gratuíto e dirixidas a nenos/as de 5 a 15 anos, contamos coas actividades de:
? Patinaxe
? Judo
? Balonmán
? Futbito
? Minibasket, nova actividade para o curso 2014/2015, e dirixida principalmente para cativos de entre 6 e 9 anos.

*-  Por parte do Concello, as modalidades ofertadas, dirixidas tamén na maioria dos casos a alumnos entre os 5 e 18 anos, son:
? Iniciación ao deporte, esta para nenos de 4 a 6 anos
? Deportes colectivos ou multideporte
? Taekwondo
? Tenis, en colaboración co Club de Tenis Gondomar.
? Tenis de mesa, a través da Agrupación Deportiva Vincios.
? Atletismo, en colaboración coa Sociedade Atlética Val Miñor.
? Patinaxe para idades comprendidas entre os 16 e 30 anos.
? Ximansia de mantemento, para maiores de 18 anos
? Actividades físicas e deportivas, unha nova actividade dirixida tamén a maiores de 18 anos.
O custe destas escolas será de 75,61 € para o curso completo, existindo bonificacións para alumnos da mesma unidade familiar.

*- É importante destacar tamén a oferta de novas actividades deportivas, gracias a implantación de novos clubes no noso municipio. Deste xeito, os veciños/as de Gondomar poderán practicar tamén as actividades de:
? Ximnasia acrobática, a través do Club Flic-Flac.
? Tiro con arco, por mediación do Club Serra de Gondomar.
? Ciclismo, co Club Ciclista Gondomar e o ciclista Marcos Serrano.

A Concelleira de Deportes, Natalia Salgueiro, invita aos veciños a que se acheguen ao pavillón para informarse de forma mais completa das actividades antes descritas e amosa o seu agradecemento, un ano mais, a Deputación de Pontevedra e aos clubes da comarca “pola súa magnífica implicación co deporte, pricipalmente entre os mais cativos”.

 

- Publicidade -spot_img