Inicio Val Miñor Gondomar Gondomar acolle a terceira proba do circuíto Galicia Máxica Trail Adventure

Gondomar acolle a terceira proba do circuíto Galicia Máxica Trail Adventure

a-serra-do-galineiro-volve-ser-escenario-dunha-proba-deportiva-con-moita-maxiaPor noveno ano consecutivo Gondomar converterase nun circuíto de “ trail puro e duro” nunha nova cita do desta modalidade deportiva na Serra do Galiñeiro, que xunto ás carreiras xa celebradas no Río Fraga e o o Folgoso, integran este ano 2019 o calendario da do circuíto Galicia Máxica Trial Adventure ( GMTA) 2019.

A Praza da Paradela volverá converterse este domingo, 29 de setembro, no punto de partida do “ Trail Serra do Galiñeiro”, proba que sempre se inclúe no circuíto de GMTA polas súas características que fan dela “una das probas máis duras e técnicas ás que se enfrontan os participantes”, segundo a organización.

Os corredores e as corredoras deberán enfrontarse á subida ao cume da Serra do Galiñeiro, un cresteo noroeste sueste por todo o percorrido e baixadas poderosas. Como en edicións anteriores dividirase en dúas distancias de 30 e 15 quilómetros ( trail e mini Trail, respectivamente), á que se suma a proba “ Canitrail” de 9 quilómetros na que os participantes poderán ir acompañados polas súas mascotas. En todos os casos incluiranse, nesta edición, novos tramos en todos os sectores das estradas.

Trail Serra do GaliñeiroA organización incluíu na proba deste domingo unha novidade: a subida á Peraguda, con puntos técnicos e un desnivel considerables que aseguran “fará dano aos xa maltreitos corredores que alcancen ese punto”. Aínda así lembran a outra faceta que fai tan especial o “Trial Serra Galiñeiro”: a promoción de contornas naturais da nosa comunidade como é o caso de Gondomar.

Desta forma quen se anime a participar poderán gozar das marabillosas vistas da serra de Gondomar, que ofrece panorámicas da ría de Vigo, a baía de Baiona ou os montes de Cerveira (Portugal) entre outras.

Este ano renderase unha homenaxe a Jose Antonio Casas “Nito”, corredor que faleceu fai tres anos nun tráxico accidente, un día antes da súa participación no Trail Serra do Galiñeiro.

As saídas realizaranse de forma progresiva, de maneira que ás 08,30 da mañá darase o pistoletazo inicial ao Trail cun percorrido de 30 quilómetros; media hora despois (ás 09.00) será a quenda para os corredores da mini Trail (15 quilómetros) aos que se sumarán os participantes da “ Canitrail” ás 09.15 horas, momento no que comezarán a súa carreira.

Máis información en: http://gmta.es/2019/2-galinero/

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies