spot_img
InicioVal MiñorNigránFinaliza a campaña solidaria "Goles que ensinan valores", iniciada o pasado 26...

Finaliza a campaña solidaria “Goles que ensinan valores”, iniciada o pasado 26 de decembro e organizada polo Panxón Nigrán FS

finaliza-a-campana-solidaria-goles-que-ensinan-valores-iniciada-o-pasado-26-de-decembro-e-organizada-polo-panxon-nigran-fsFinaliza a campaña solidaria “Goles que ensinan valores”, iniciada o pasado 26 de decembro, tras clausúraa o día 3 de xaneiro do II Torneo Solidario organizado polo Panxón Nigrán FS coa colaboración do Concello de Nigrán.

O torneo, no que participaron 22 equipos e máis de 200 nenos e nenas, e que se disputou durante todo o fin de semana, logrou incrementar notablemente a recollida de alimentos e xoguetes,iniciada o pasado 26 de decembro, tanto a través da inscrición dos participantes como mediante as entregas realizadas durante o fin de semana por parte de familiares e amigos dos deportistas, colaboradores, patrocinadores e veciños de Nigrán; logrando chegar a recadar un total de 710 kg de alimentos e 340 xoguetes, que foron repartidos entre a área de Servizos Sociais do Concello de Nigrán e Caritas S. Juan Bautista de Panxón.

finaliza-a-campana-solidaria-goles-que-ensinan-valores-iniciada-o-pasado-26-de-decembro-e-organizada-polo-panxon-nigran-fsAs cifras de recollida da campaña triplican as obtidas o ano anterior (180 Kg de alimentos e 140 xoguetes) a pesar de que o torneo contaba co mesmo número de equipos participantes, o que pon de manifesto que se conseguiu o obxectivo do Club de transmitir e fomentar entre os máis pequenos a importancia da solidariedade como valor fundamental para a vida e o deporte.

O Club agradece a todas as entidades, empresas e persoas que participaron e colaboraron para lograr entre todos unha “Goleada Solidaria do Fútbol sala en Nigrán”.

—————————————-

Máis información en e fotografías en:

– www.panxonnigranfs.es [1] (“Goleada Solidaria do Fútbol sala en Nigrán”)

– https://www.facebook.com/panxonnigranfs/ [2]

- Publicidade -spot_img