spot_img
InicioVal MiñorGondomarFesta do Deporte de Vincios (Gondomar)

Festa do Deporte de Vincios (Gondomar)

Festa do deporte VinciosO sábado día 9, o Campo de Fútbol da Pasaxe reunirá a multitude de deportistas que participarán no XXII Cros Escolar Sta. Mariña, II Duatlon Popular Sta. Mariña, II Carreira Popular Sta. Mariña e Mini Carreira Sta. Mariña

Ao longo de todo o sábado, realizarase a venda solidaria de rifas, para colaborar con Desirée Vila Bargiela

A Agrupación Deportiva Vincios, en colaboración co Concello de Gondomar, organiza para o Sábado día 9, diferentes actividades deportivas, que darán comezo ás 16:30 horas co XXII Cros Escolar Sta. Mariña, onde participarán atletas en distintas categorías desde Pitufos até Cadetes previamente inscritos, terminando coa entrega de premios aos 3 primeiros clasificados.

Ás 17:00 horas dará comezo o II Dúatlon Popular Sta. Mariña cun percorrido de 20 Km, no que poderán participar atletas federados e non federados, cunha idade mínima de 16 anos, con bicicleta de montaña e casco como condición indispensable. Esta proba estará repartida en 2 Km de carreira a pé e 18 Km en bicicleta. Optarán a trofeo o tres primeiros clasificados por sexo e o primeiro clasificado Masculino ou Feminino maior de 35 anos.

O prazo de inscrición termina hoxe día 8 de Maio, ás 22:00 horas, cunha cota de participación de 5 euros, previo pago na Caixa, mediante transferencia ou ingreso en caixeiro, enviarase inscrición e xustificante de pago ao mail: vinciostm@gmail.com. Número de conta: 2100 5752 67 0200079253

A última proba deportiva dará comezo ás 18:30 horas coa II Carreira Popular Sta. Mariña, cun percorrido de 6 Km e a Mini Carreira Sta. Mariña, cun percorrido de 3 Km, na que os atletas participarán coa categoría Cadete do XXII Cros Escolar Sta. Mariña. As probas serán mixtas e as saídas separadas. Os premios entregaránselle aos 3 primeiros absolutos, Femininos e Masculinos e ao 1º clasificado da categoría Veterana (maior de 35 anos) Masculino e Feminino. O prazo de inscrición termina hoxe 8 de Maio ás 22:00 horas e a conta de ingreso é a mesma que a que aparece na inscrición do II Dúatlon Popular Sta. Mariña.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.