As dúas primeiras xornadas reuniron a un total de 90 persoas. As visitas continuarán todos os martes e xoves de agosto.
Un total de 90 persoas xa se achegaron ao Pazo do Conde de Gondomar nas visitas organizadas pola Concellaría de Turismo do Concello de Gondomar. Acompañados dun guía visitaron o entorno do Pazo e os seus marabillosos xardíns, ademais de coñecer a historia e arquitectura desta construción declarada como Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.
Os/as interesados/as en participar nestas visitas guiadas poden solicitar maior información e reservar a súa praza na Oficina de Turismo do municipio, en horario de mañá de 11.00 a 13.30 horas e pola tarde de 17.00 a 19.00 horas.
As visitas realizaranse todos os martes e xoves de agosto, con saída da Oficina de Turismo de Gondomar, ás 17.00 horas. O prezo por persoa será de 3 euros