spot_img
InicioVal MiñorNigránDúas alumnas do Colexio Estudio de Nigrán, finalistas do concurso dixital de...

Dúas alumnas do Colexio Estudio de Nigrán, finalistas do concurso dixital de Aqualia 2019 e 2020

Dúas alumnas do Colexio Estudio de Nigrán, finalistas do concurso dixital de Aqualia 2019 e 2020O certame de debuxo dixital é convocado en colexios de toda España e Portugal para alumnado de 3º e 4º de Primaria, sendo o obxectivo a concienciación

O alcalde de Nigrán, Juan González, e a xefa de Servizo de  Aqualia en Nigrán, Marián Lago, fixeron entrega esta mañá de sendos premios como finalistas nacionais do concurso de debuxo dixital infantil de Aqualia 2019 e 2020 a Luz Hermo Vallejo e Lidia Fernández González respectivamente, ambas do Colexio Estudio de Chandebrito. As alumnas recibiron como premio un  smartwatch. Este certame nacional de Aqualia é convocado cada ano co obxectivo de concienciar e educar aos máis pequenos sobre a importancia da auga e o traballo que hai detrás de abrir a billa e dispoñer de líquido de calidade.

Na edición 2020 a temática versaba sobre a axenda 2030 de desenvolvemento sostible acordada pola Asemblea de Nacións Unidas, facendo especial fincapé no  ODS-6, “auga limpa e saneamento” e no 2019 sobre a investigación do ciclo da auga.

O concurso, no que ata o de agora participaron 250.000 alumnos, está dirixido a 3º e 4º de Primaria e enmárcase nas conxunto iniciativas que regularmente desenvolve Aqualia con colexios, institutos e centros universitarios para darlles a coñecer as fases do ciclo da auga e educar nun uso e consumo máis responsable deste recurso.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.