spot_img
InicioVal MiñorBaionaDeporte e solidariedade cítanse o 26 e 27 de decembro en Baiona...

Deporte e solidariedade cítanse o 26 e 27 de decembro en Baiona no II Torneo Benéfico Nadal ‘Axuda ao Mundo Necesitado’

deporte-e-solidariedade-citanse-o-26-e-27-de-decembro-en-baiona-no-ii-torneo-benefico-nadal-axuda-ao-mundo-necesitadoO torneo que  está  organizado conxuntamente pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona e o club Baitra Baiona Fútbol Sala, trátase dunha competición gratuíta e solidaria, pois a inscrición cóbrase en alimentos, 2kg de alimento por xogador ou 20kg por equipo, que serán  doados integramente á ONG local “Axuda ao mundo Necesitado”.

O Alcalde de Baiona na presentación do Torneo declarou que: “O deporte vai unido á competición pero eses días en Baiona non se compartirá senón que se compartirá cos máis necesitados. Citaranse deporte e solidariedade. Grazas a todos os que colaborades nesta iniciativa solidaria”.

O 26 e 27 de decembro disputarase o II Torneo Benéfico Nadal ‘Axuda ao Mundo Necesitado’ no pavillón Municipal de Deportes e o pavillón do colexio Covaterreña de Baiona simultaneamente.

O ano pasado a achega deste trofeo foi a maior do ano para a ONG, recadándose unha tonelada de alimentos. Este ano a organización pretende chegar á tonelada e media, polo que se fai un chamamento á colaboración a outros clubs,  Erizana Fc, Club Baloncesto Baiona, Club de Loita Sabarís, etc…e a ACEBA. Ademais, animan a todos tanto afeccionados como non afeccionados a que se pasen polos pavillóns e colaboren coa súa achega solidaria.

deporte-e-solidariedade-citanse-o-26-e-27-de-decembro-en-baiona-no-ii-torneo-benefico-nadal-axuda-ao-mundo-necesitadoXullo Villarino, secretario do Baitra Baiona Fútbol sala, confirmou que numerosos clubs de diferentes puntos de Galicia    desprazaranse ata a localidade  para disputar a competición. “O torneo adquiriu un destacado protagonismo nas competicións do Nadal a nivel galego. Ademais, ten unha relevancia importante dentro da tradición do Nadal de Baiona”.

A competición será disputada por 32  equipos, máis de 500 deportistas visitarán a nosa vila os días 26 e 27 de decembro polo que a iniciativa tamén é acollida con gran entusiasmo polos comerciartes  baioneses xa que estes xogadores vén acompañados por amigos e familiares que pasan as xornadas na vila.

Na súa intervención, Juana Alonso, presidenta da ONG de Baiona “Axuda ao Mundo Necesitado”  agradeceu a todos en nome dos beneficiarios a súa implicación co evento.

Así mesmo, dúas semanas antes do torneo instalaranse no pavillón de deportes municipal varios puntos de recollida de alimentos para aqueles que queiran achegar o seu granito de area á causa.

A organización busca voluntarios para axudar na recollida de alimentos. Aqueles que queiran ofrecerse poden poñerse en contacto coa organización a través de: teléfono (650 037 758 (whatsapp), mail baionafutbolsala@gmail.con ou facebook, Baitra Baiona FS.

- Publicidade -spot_img