spot_img
InicioVal MiñorGondomarConcerto da Agrupación Musical de Vincios en honra a Santa Cecilia

Concerto da Agrupación Musical de Vincios en honra a Santa Cecilia

 Escola de Música de Vincios, A Agrupación Musical de Vincios ofrece un ano máis un concerto homenaxe a Santa Cecilia no Centro Cultural de Vincios o sábado día 22 de novembro ás 20.00 horas tras a misa solemne e procesión na capela de Santa Lucía ás 19 horas.

 

No acto terá lugar a presentación do novo director da agrupación musical, Francisco Valcárcel, quen ademais de dirixir a banda e a Escola de Música de Vincios, é profesor de tuba-bombardino no Conservatorio de Viana do Castelo e na Escola de Música de Beade, membro da Banda de Música Cultural de Salceda, da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares, do Cuarteto The Tubas e da Turre’s Band.

Francisco Valcárcel, natural de Salceda de Caselas e con especialidade en bombardino, finalizou os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo no ano 2011.

Posteriormente realizou diversos cursos de perfeccionamento con mestres de renome internacional como Matt Tropman (Banda Presidencial dos Estados Unidos), Mel Culderstom (Conservatorio Superior de Lyon) ou Pokorny (Orquestra de Chicago). No ano 2014 termina o Máster de Formación de Profesorado na Valencian International University e entra a formar parte do equipo directivo da Agrupación Musical de Vincios.

- Publicidade -spot_img