spot_img
InicioVal MiñorNigránComezan en Nigrán as obras de reparación e mellora da Avda. Rosalía...

Comezan en Nigrán as obras de reparación e mellora da Avda. Rosalía de Castro e Val Miñor

Operarios trabajan en las obras de mejora de las aceras de la PO552Comezan as obras de reparación e mellora da Avda. Rosalía de Castro e Val Miñor, unha actuación financiada a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra por valor de 159.741,28 euros. O proxecto contempla a reparación e mellora das beirarrúas entre a antiga discoteca Vanitas, na Avda. Val Miñor, e o cruzamento de Rosalía de Castro coa Rúa Telleira.

Así mesmo, co fin de mellorar a seguridade viaria no acceso ao colexio Humberto Juanes, o goberno municipal incorporou ao proxecto a construción dunha nova beirarrúa na Rúa Celso Emilio Ferriero, entre a estrada principal e centro escolar.

O plan de obra do proxecto ten un período de execución estimado de seis meses, que se desenvolverá en tres tramos para minimizar prexuízos ao tráfico rodado e peonil nunha das principais arterias de comunicación do municipio e da comarca.

“Esta actuación, xunto coa creación da primeira praza pública na Avda. Castelao e a construción da senda peonil entre Priegue darán unha nova e renovada imaxe ao centro de Nigrán, á vez que mellorarán unhas infraestruturas municipais moi deterioradas polo paso do tempo e a falta de mantemento acumulada ao longo dos anos”, sinala o alcalde, Alberto Valverde.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.