spot_img
InicioVal MiñorBaionaComezaron as obras de rehabilitación do Palco da Música e do espazo...

Comezaron as obras de rehabilitación do Palco da Música e do espazo recreativo do Parque da Palma de Baiona

2014-10-14 10.59.25 (Copiar)O concello de Baiona está a realizar unha intervención no Parque da Palma en dous partes, unha: A recuperación do Palco da Música e a outra, a ampliación do parque infantil mediante instalación dunha tirolina sobre pavimento de caucho, a cal xá está executada.

O palco da música do Parque da Palma é unha estrutura octogonal situada á beira das murallas que encerran o Parador Nacional de Turismo de Baiona de principios de século XX, financiándose cun dona

tivo do benefactor D. Anxo Bedriñana en 1927, sendo alcalde da Real Vila D. José Rodríguez Vicente (Joselín), como así o testemuña a súa placa conmemorativa.
O oito columnas de sustentación que perfilan o seu perímetro e as varandas de sustentación foron forxadas nos talleres “El Aguia” de Tui e nelas aparece un elemento característico da heráldica da “Real Vila” como son as carabelas, no lugar onde noutros palcos teñen liras.

Atopámonos pois cun elemento singular enmarcado nun espazo concibido como unha unidade física homoxénea xunto co parque infantil e o espazo de percorrido entre ambos.

A intervención pretende a recuperación dun elemento de interese cultural, onde as actuacións realízan

se nos elementos metálicos a través dun tratamento anticorrosivo de todas as superficies e dúas mans de pintura negra indicada para o ambiente mariño previa limpeza mediante chorro con area a alta presión co fin de conseguir un soporte liso. Fabricación e colocación de varandas metalizadas e pintadas do mesmo modelo que o existente, do mesmo xeito que o friso perimétrico de remate de cuberta con ornamentación na parte superior e tamén das pezas da cúpula reparándoas, para posterior tratamento metalizado e pintura especial para ambiente mariño.

O custo da obra total ascende a 34.750,58 euros, do cal o importe da tirolina é de 16.920,19euros e o palco 17.830,39 euros con cargo ao orzamento municipal e a obtención dunha subvención da Conselleria de Presidencia, subvencionando o 75% do orzamento cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), sendo adxudicataria a empresa Proxecto Arte para o palco e HPC IBERICA SA para a tirolina.

Os traballos de reparación e mellora das instalacións e do Palco,está previsto que finalicen antes de final deste mes.

Palco de Música de Baiona

 

 

Nas fotografñías podemos observar o Palco como estaba antes e o estado que presenta hoxe

 

- Publicidade -spot_img