spot_img
InicioBaixo MiñoChega a Tomiño a mostra “Unha mirada de antaño” da fotógrafa estadounidense...

Chega a Tomiño a mostra “Unha mirada de antaño” da fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson

Chega a Tomiño a mostra “Unha mirada de antaño” da fotógrafa estadounidense Ruth Matilda AndersonA alcaldesa de Tomiño, Sandra González, inaugurou onte a exposición “Unha mirada de antaño”. Fíxoo acompañada de Luis Martín Blanco (director de zona de A Banca), e Paloma Vela (coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación), así coma de outras autoridades locais e rexionais da mesma entidade bancaria.

Tras a sinatura do correspondente convenio de colaboración no Concello, trasladáronse ao Mercado Municipal de Tomiño, onde participaron nunha visita guiada pola colección de instantáneas realizadas pola fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson, a principios do século pasado (1924-1926), durante unha expedición financiada pola “Hispanic Society of America”, institución educativa dedicada á arte e á cultura do mundo hispano.

A mostra, que permanecerá aberta até o 24 de novembro, reúne unha colección de fotografías que buscaban documentar a vida da xente, especialmente en aqueles lugares rurais de difícil acceso. Ata entón, as actividades da poboación traballando no campo e no mar, nin a cultura de Galicia, foran obxecto de atracción para a fotografía.

A actividade, enmarcada dentro do proxecto Corrente Cultural e supón unha aposta por espallar a cultura galega e construír unha rede de coñecemento que transcenda o material.

Chega a Tomiño a mostra “Unha mirada de antaño” da fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson

A exposición pode visitarse todos os días (agás os luns), no 1º andar do mercado,  de 09.00 a 22.00 horas.

Ruth Mathilda Anderson

Nada en Nebraska en 1893 e falecida en Nova York con 90 anos, Ruth Matilda Anderson foi una fotógrafa estadounidense, que se iniciou nesta profesión no mundo da fotografía da man do seu pai. En 1921 cando traballaba como decoradora de interiores, foi contratada pola Hispanic Society of America e fixo cinco viaxes a España, centrando a súa carreira no estudo dos traxes típicos españois, publicando varios libros e artigos sobre o tema.

Nigrán abre os actos do Día da Muller coa inauguración da exposición fotográfica de Ruth Matilda AndersonEn agosto do ano 1924 desembarcaba no porto de Vigo, xunto ao seu pai, a fotógrafa investigadora da Hispanic Society de Nova York Ruth Matilda Anderson. Nese preciso intre comezaba a tomar forma unha aventura coidadosamente deseñada.

Na súa primeira viaxe por Galicia tomou unhas 5.000 fotografías, moitas das cales aínda permanecen sen positivar, comprou outras 2.800 a fotógrafos locais. Na segunda viaxe tomou unhas 2.800 fotografías. As imaxes polo xeral, cobren a contorna rural e artesanías tradicionais. Estivo acompañada polo seu pai que escribiu un diario. Viaxaron cun Ford de aluguer e un chofer francés. Nas fondas onde se hospedaban improvisaban un cuarto escuro para ir revelando algunhas fotos. Na súa estancia na Coruña tomou leccións de lingua castelá e interesouse pola historia de Galicia, lendo a Manuel Murguía, e pola literatura galega, lendo a Rosalía de Castro.

The Hispanic Society of America

Archer Milton Huntington fundara en 1904 The Hispanic Society of America, museo, biblioteca pública e institución educativa dedicada á arte e á cultura do mundo hispánico. Huntington determinou que o seu museo incluiría un arquivo fotográfico, considerando a, daquela, incipiente tecnoloxía como ferramenta de traballo para a investigación. Con ese obxectivo adquiriu imaxes e promoveu expedicións. Ningún dos fotógrafos que enviou á península ibérica obtivo mellores resultados que Ruth M. Anderson. Ela realizou en Galicia dúas extensas campañas fotográficas, de 1924 a 1926, acompañada na segunda pola súa colega Frances Spalding, que definiron a metodoloxía fotográfica da Hispanic Society.

O traballo da moza Anderson, dirixido por Huntington, converteuse na procura e recompilación de evidencias dos costumes do pobo galego, dedicándose ao que resultaba máis difícil: documentar a vida das xentes, en especial das zonas de complicado acceso. Ata entón, nin as actividades da poboación traballadora do campo e do mar nin a cultura material de Galicia foran obxecto de principal atención para a fotografía de xeito tan exhaustivo.

- Publicidade -spot_img