spot_img
InicioO SalnésChega a Sanxenxo a exposición itinerante “A camelia, flor das galegas e...

Chega a Sanxenxo a exposición itinerante “A camelia, flor das galegas e dos galegos”

chega-a-sanxenxo-a-exposicion-itinerante-a-camelia-flor-das-galegas-e-dos-galegosO deputado responsable da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Javier Tourís, asistiu ao acto de inauguración da exposición, que se pode visitar no paseo de Silgar

Revista Cousas de Nº24

O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Javier Tourís, xunto co concelleiro de Sanxenxo Juan Deza, inaugurou este xoves no paseo de Silgar a mostra itinerante “A camelia, flor das galegas e dos galegos”, impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Sociedade Española da Camelia. A exposición, dispoñible na praza da Rosa dos Ventos, está a percorrer os concellos da provincia nos que se organizan mostras sobre a camelia para “promover, apoiar e contribuír, unha vez máis, con todo o que ten que ver coa exaltación da camelia. Unha flor con grande potencial económico, comercial e de emprego”, sinalou o deputado provincial. A inauguración completouse coa degustación de té da marca provincial TéAreeiro.

Tourís lembrou que a camelia “é orixinaria de Oriente pero atopou na nosa terra un lugar ideal para medrar e florecer, de feito temos máis de 200 exemplares que superan os 150 anos”, impulsando sectores como o turismo ao ser “un valor engadido que contribúe á desestacionalización da oferta turística”. Con esta mostra “queremos achegar á cidadanía de Sanxenxo información menos coñecida sobre a camelia: a súa historia, os seus coidados ou a súa relación coa economía, as artes ou a moda”, sinalou Javier Tourís, que tamén salientou o labor de investigación e experimentación que se realiza na Estación Fitopatolóxica do Areeiro arredor deste cultivo.

“A camelia, flor das galegas e dos galegos” conta con 14 tótems nos que se recollen segredos e curiosidades desta flor a través dun percorrido ao aire libre ameno e con atractivo visual. Os paneis presentan información sobre a historia e as variedades de camelia, os xardíns destacados desta flor en Galicia, os nomes das camelias, os seus coidados, a economía desta flor e os seus derivados ou a aplicación da camelia na gastronomía tanto a través de aceite como de marmeladas, vermú ou galletas. A exposición tamén inclúe a relación da flor coas artes e figuras destacadas relacionadas coa camelia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.