spot_img
InicioVal MiñorBaionaCanarias Explosivos, Salem e Movistar lideran a Final do Campionato de España...

Canarias Explosivos, Salem e Movistar lideran a Final do Campionato de España de Cruceiros

Canarias Explosivos, Salem e Movistar lideran a Final do Campionato de España de CruceirosO tres barcos quedaron empatados a puntos tras a primeira das dúas xornadas que outorgarán o título de Campión Nacional de Cruceiros

Canarias Explosivos, Salem e Movistar lideran a Final do Campionato de España de Cruceiros que se celebra este fin de semana no Monte Real Club de Yates de Baiona organizada pola Real Federación Española de Vela e o Concello de Baiona.

O tres barcos quedaron empatados a puntos tras a primeira das dúas xornadas que outorgarán o título de Campión Nacional de Cruceiros. O intenso mar e o forte vento, que alcanzou refachos de 25 nós, encheron de emoción unhas probas que estiveron moi rifadas até o final.

Na primeira das mangas alzouse coa vitoria o Salem, do Real Club Marítimo de Santander, que deixou en segunda posición ao Aceites Abril, do Club Marítimo de Canido, e en terceira ao Movistar, do Real Club Naútico de Sanxenxo.

Na segunda manga, o Canarias Explosivos, que non conseguira situarse entre o trío gañador da primeira proba, logrou ser o Canarias Explosivos, Salem e Movistar lideran a Final do Campionato de España de Cruceirosprimeiro en cruzar a chegada. O Movistar volveu coarse entre o tres primeiros, e en terceira posición chegou o Icue IV.

Así as cousas, a xeral quedou cun empate no podio provisional entre o Canarias Explosivos, o Salem e o Movistar. O cuarto posto foi para o Icue IV, e o quinto e o sexto para os Aceites Abril e o barco do Masnou, que non puideron completar unha das dúas probas por problemas coa súa embarcación.

A competición continúa hoxe domingo a partir do once da mañá na baía de Baiona. A final do Campionato de España de Cruceiros de Zonas Marítimas está organizada pola Real Federación Española de Vela e conta co patrocinio do Concello de Baiona e Pobos Colombinos de España.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.