Inicio Pontevedra Campamento de verán en Gondomar

Campamento de verán en Gondomar

Campamento-de-verán-en-GondomarDebido á grande acollida que tivo nos anos anteriores a Concellaría de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller, pón en marcha o campamento Gondoverán, cofinanciado pola Diputación de Pontevedra.

Gondoverán é un campamento de lecer e tempo libre para fillos e fillas de familias traballadoras que terá lugar durante todo o mes de xullo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, con posibilidade de incorporación de 8.00 a 9.00 e de salida de 14.00 a 15.00 horas.

O seu obxectivo é o de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante a tempada estival, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno/a a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.

Os beneficiarios serán preferentemente 100 rapaces e rapazas que teñan o seu empadroamento no Concello de Gondomar nacidos entre os anos 2002 (non poderán facer 13 anos antes da finalización do campamento)  e 2012 (deberán ter feitos 3 anos ao inicio do campamento) e cuxos proxenitores sexan persoas traballadoras en activo (por conta allea ou propia). En caso de quedar prazas libres serán admitidos doutros concellos, con preferencia de aqueles cuxos proxenitores sexan traballadores no municipio de Gondomar. O prezo será de 65€ por neno/a.

A inscrición realizarase dende o día 4 ata o 18 de maio presentándoa no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar, de luns a venres en horario de 9 a 13.30h. e sábados de 9 a 13.00h. Xunto a folla de inscrición (dispoñible na páxina web do Concello –www.concellodegondomar.info- ) deberá achegarse a seguinte documentación:

  • Solicitude de praza.
  • Autorizacións e observacións médicas.
  • Obrigas do campamento asinadas polos pais ou titores/as legais.
  • Fotocopia cotexada dos DNI dos pais ou titores/as legais.
  • Fotocopia cotexada do libro de familia.
  • Fotocopia/s do/s DNI das persoas autorizadas á recollida do/a menor.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou menores ou seguro médico privado.
  • Volante de empadroamento da unidade familiar.
  • De ser o caso, xustificación da ocupación actualizada dos pais ou titores (fotocopia da última nómina, certificación de empresa, vida laboral ou calquera outra tipo de documentación que acredite dita situación, no caso de traballadores por conta allea; ou do último recibo do pagamento da cota á seguridade social no réxime especial de traballadores por conta propia, no caso de traballadores/as autónomos/as).

As 100 prazas serán adxudicadas mediante un sorteo público o 27 de maio ás 9.30horas na Casa da Cultura, sempre e cando haxa máis solicitudes que prazas.

Para calquera dúbida os/as interesados/as poderanse dirixir ao Centro de Información á Muller, na Casa da Cultura, no teléfono 986 360 224 ou no seguinte correo electrónico: aio@concellodegodomar.com

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
273SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies