spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona xa goza da súa Arribada máis esperada

Baiona xa goza da súa Arribada máis esperada

Baiona xa goza da súa Arribada máis esperadaOs actos oficiais deste venres no Monumento “Encontro entre Dous Mundos” deron o pistoletazo de saída a tres días de celebracións

O Monumento “Encontro entre Dous Mundos” acolleu este venres o acto oficial de apertura da XXVI Festa dá Arribada. Unha edición que será moi especial xa que se poderá celebrar despois de moito facerse esperar tras o COVID.

Nun enclave privilexiado co Oceáno Atlántico co pano de fondo Carlos Gómez, alcalde de Baiona, exerceu de anfitrión para destacar a importancia da cita nas relacións internacionais de España e América e a beleza da vila que namora aos seus visitantes.

O rexedor baionés reivindicou que “Baiona esixe o seu lugar na historia con vocación aberta, asentada na súa historia pero vendo cara ao futuro.”

Así mesmo destacou que “o obxectivo deste equipo de traballo é que a Festa da Arribada non se limite a unha celebración de fin de semana e que sexa unha celebración cun maior valor cultural e histórico co fin de que a celebración non perda o significado co que se creou. Necesitamos divulgar a importancia histórica e cultural de nosa Villa e non só durante a festa. Que todas as persoas que nos visitan saiban, con só pisar Baiona, que non somos un pobo máis, que somos un pobo cunha historia única e que de aquí partiron as noticias que informaron o mundo da existencia dunha terra por coñecer. A festa da Arribada non é un evento do Concello, é un evento do pobo de Baiona, no que veciños e veciñas son parte fundamental. O son hoxe e fórono sempre. A Arribada nos enorgullece xa que é unha celebración que naceu, creceu e consolidouse grazas á unión, esforzo e traballo de todo un pobo.”.

Baiona xa goza da súa Arribada máis esperada

Interviron tamén o Alcalde de Santa Fe de la Vega de Granada, Manuel Alberto Gil Corral, o Alcalde de Palos de la Frontera, Carmelo Romero Hernández, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e pechou a quenda de intervencións o Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

O acto protocolario finalizou coa interpretación da Banda de Música de Baiona dos himnos de Andalucía, Galicia e España.

Baiona xa goza da súa Arribada máis esperada

Ao acto tamén asistiron o delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro;os así como a práctica totalidade da Corporación Municipal baionesa e outros rexedores da comarca. Tamén unha ampla representación dos pobos irmáns da Real Villa.

Os festexos xa comezaron este venres coa apertura do Real Mercado Medieval á primeira hora da mañá e a inauguración de varias exposicións. Tamén houbo misa solemne e comezaron a funcionar os campamentos que recrean a Baiona do ano 1493, cando a carabela «A Pinta» chegou coas noticias do Novo Mundo.

Baiona xa goza da súa Arribada máis esperada

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.