Inicio Val Miñor Baiona "Baiona te engancha" a nova imaxe de marca turística para a Vila

“Baiona te engancha” a nova imaxe de marca turística para a Vila

Felipe-Maxestade-Rei-inaugura-Baiona-exposición-50-aniversario-Monte-Real-Club-YatesO alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, presentou esta mañá a imaxe de marca da Vila en “un esforzo por dar resposta ás novas esixencias do mercado, unha marca que defina o noso destino, orientada ao turismo obxectivo que queremos atraer”.

Co slogan “Baiona te engancha” o Goberno municipal pretende alcanzar a sustentabilidade turística para a Vila e atraer a un visitante de calidade que para Gómez “é máis rendible no económico, pero tamén para a convivencia e para o medio ambiente”.

O símbolo e o slogan discorren cómplices cara ao público: “Entrelázanse o B de Baiona co corazón emocional e o anzol, que che atrapa a un pobo mariñeiro”  explicou Gómez Prado.

No acto de presentación da marca, o alcalde asegurou que “Baiona ten os recursos e o tamaño perfecto para facer política turística con maiúsculas, para traballar sobre un gran proxecto que implique e profesionalice a todos os axentes, ao redor dun dos negocios máis importante da historia do municipio: o turismo”

Para Gómez Prado alcanzar a sustentabilidade turística pasa por “mellorar a profesionalidade do sector, implantando estándares de calidade no servizo e en todo o municipio, creando e mantendo unha oferta complementaria ampla e diversificada, de xeito que  se manteña durante todo o ano”.

PÁXINA WEB RENOVADA

A marca “Baiona te engancha” vai ligada a un avance tecnolóxico promovido polo Goberno que encabeza Gómez Prado, coa oferta dunha nova páxina web, que en breve poñerase ao dispor de todos os veciños e veciñas, e a través da que poderán informarse;  ter contacto directo cos cargos políticos e axilizar trámites coa administración.

BAIOUTONO

“Este equipo de goberno segue apostando pola desestacionalización de Baiona, creando BaiOutono 2020”, organizado pola Concellería de Cultura, que ten como obxectivo “ seguir apoiando aos veciños

e veciñas, creando unha contorna segura onde proporcionar momentos de alegría e diversión, e conseguir que sexa un punto de referencia en toda a contorna durante todo o ano e así dinamizar Baiona”, explicou Gómez.

O alcalde finalizou a presentación asegurando que en Baiona “seguimos apostando polo noso slogan Refúxiate na Cultura e que grazas aos nosos veciños e veciñas seguiremos adiante con seguridade, convertendo a Baiona nisto mesmo: Un refuxio”

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies