spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona recibe aos profesionais do I Congreso Internacional de Talaso: Saúde e...

Baiona recibe aos profesionais do I Congreso Internacional de Talaso: Saúde e Benestar

baiona-recibe-aos-profesionais-do-i-congreso-internacional-de-talaso-saude-e-benestar

O alcalde de Baiona, Angel Rodal Almuiña, e a concelleira de Turismo, Beatriz González Pérez, recibiron na casa consistorial aos participantes no I Congreso Internacional de Talaso: Saúde e Benestar que se está celebrando estes días no Hotel Talaso Atlántico, aos que explicou a importancia que supuxo para Baiona o balneario da Concheira:“A talasoterapia tivo presenza en Baiona a finais do século XIX e principios do XX a partir da construción do balneario da Concheira no ano 1892, que axudou ao desenvolvemento da vila e a súa comarca achegando un importante número de bañistas procedentes de diversas localidades do estado español e portugués. As propiedades curativas achegadas polo baño de algas tépedas da Concheira provocaban que ás cinco da mañá existisen xa colas diante do balneario para someterse a esta terapia. Estades no lugar idóneo para coñecer de primeira man como funciona este tratamento”

Os profesionais antes de acudir á recepción no Concello realizaron unha visita guiada polo Centro histórico da Vila.

O I Congreso Internacional de Talaso: Saúde e Benestar reúne, do 22 ao 25 de novembro, a distintos actores que interveñen no desenvolvemento da Talasoterapia: científicos, terapeutas, xestores turísticos, empresas e institucións para unha posta en común e debate sobre os retos aos que se enfronta o sector. Trátanse tanto os aspectos terapéuticos, como os turísticos, a calidade e novos produtos, todos eles imprescindibles na proxección e futuro da Talasoterapia.

Os-veciños-veciñas-Gondomar-poderán-goza-rprograma-balnearios-'Saúde e Benestar'O uso da auga de mar con fins terapéuticos é coñecido desde a antigüidade. Actualmente, a auga de mar tamén se usa con fins de lecer e benestar, polo que nos últimos anos desenvolveuse, especialmente en Europa, un tipo de turismo de saúde ligado ás propiedades da auga mariña e da súa contorna.

- Publicidade -spot_img