spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona presenta a programación cultural Baiverán 2015

Baiona presenta a programación cultural Baiverán 2015

presentción Baiveran 2015

A Concellaría de Cultura do Concello de Baiona presentou onte a programación cultural Baiverán 2015. Os baioneses e visitantes poderán gozar dun amplo e variado programa cultural para este verán.

A Concellaría de Cultura aposta por unha programación de máis de 60 actuacións de entretemento ao aire libre, onde se pode atopar todo tipo de manifestacións culturais, que van desde as festas patronais que se celebran nas 5 parroquias do municipio e que están moi arraigadas na cultura popular, até a multitude de concertos e actuacións, conferencias, exposicións, monólogos, teatro, cinema, ciclos de conferencias, etc que se realizan todas as noites do verán e que son unha cita ineludible de entretemento e faladoiro entre todos os que forman parte da comunidade estival.

Ademais, a programación presenta actividades que poden gozar todos os membros da familia, desde os máis pequenos aos máis maiores, ofrecendo deste xeito unha oferta para todas as idades.

O programa cultural, arrincará o vindeiro xoves 2 de xullo, coa inauguración do V Ciclo de Conferencias Baiona Cultural, un amplo abanico de conferencias moi diversas con relatoras de recoñecido prestixio pertencentes a universidades de todo o País. En total 9 relatorios de temática variada e diversa que penetrarán a aqueles que pasen pola Capitanía Marítima da localidade en temas de actualidade e interese xeral como a saúde, a cultura, a historia, a literatura, etc.

Desde o venres 3 de xullo, até o sábado 5 de setembro os baioneses e visitantes terán unha cita co humor ás 23:00 horas na Praza do Concello. Neste horario poderán gozar do formato ?Baiona con Humor?, no que participan monologuistas de recoñecido prestixio nacional como Pepe Viyuela, Felix ?O Gato?, ?Flipy?, Pepito ?A Caixa?, Juan Sinde, Pepo Suevos, etc.

Ademais, como vén facendo en anos anteriores, todos os luns dedicaranse a ?Cinema na rúa?, con películas como ?Thor no mundo escuro?, ?Frozen: O reino do xeo?, ?Maléfica?, ?Pompella?, ?Rio 2?, ?Oito apelidos vascos?, ?Diverxente?,

?X-Men: Días do Futuro Pasado?, ?Capitán América: o soldado de inverno?. Un cartel de cinema variado e para un público familiar.

O resto das noites temáticas, que ofrece o municipio estarán amenizadas por galas líricas, tango, fado, maxia, folk, etc.

A nota de cor no programa, pona as exposicións, desde o 1 de xuño até o 31 de outubro na Capitanía Marítima exporanse un total de 10 exposicións.

Como vén sendo habitual na vila, dedicarase un día para homenaxear ao Turista. Este ano será o venres 28 de agosto. A actuación principal dese día, serála posta en escena do semifinalista de Alejandro Sanz na Voz 2015, José Manuel ?o lírico?. O cantante, que vén desde Valencia, fará gozar dun momento musical único a todos aqueles que se acheguen até a Praza do Concello ás 23:00 horas.

Con respecto ao programa das Festas da Anunciada, este ano desde a Concellaría de Cultura á fronte de María Igrexas Fernández apostaron por unha programación moi rockeira pero que abarca a varias xeracións, co concerto da Fuga o venres 31 de Xullo e o concerto de Rosendo o sábado 1 de Agosto. Con respecto á Gala do Domingo, a programación ofrece unha selección de artistas de diferentes estilos musicais que gusten a todos os públicos; actuarán María do Monte, Álex Úbago, Os Chunguitos e Marcos Rodríguez.

Tras o éxito do ano pasado, volverase a realizar por segundo ano consecutivo o ?Frades Sunset Festival?. A cita será o mércores 12 de Agosto desde as 17:00 horas na contorna da praia dos Frades, co obxectivo fundamental de pór en valor un sitio tan máxico e especial como é o paseo localizado detrás do Castelo de Monterreal e onde as postas de Sol son únicas.
María Igrexas Fernández, Concelleira de Cultura, aproveitou a presentación da programación cultural Baiverán 2015 para lembrar que esta ampla programación é posible grazas á participación das numerosas asociacións locais así como tamén á riqueza cultural que ten a vila de Baiona.

- Publicidade -spot_img