spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona incluída entre os 100 mellores destinos sostibles do mundo en 2014

Baiona incluída entre os 100 mellores destinos sostibles do mundo en 2014

Este listado foi elaborado este ano por primeira vez, baixo o nome de “Sustainable Destinations Global Top 100”, por máis de 30 Baiona incluída entre os 100 mellores destinos sostibles do mundo en 2014expertos internacionais en turismo sostible para premiar os destinos que manteñen unha liña de traballo dirixida cara ao coidado do medioambiente e sostibilidade turística.

A certificación na categoría Ouro do programa internacional de turismo e medioambiente “Quality Coast” situou a Baiona no mapa do turismo sostible e propiciou que se lle considere idóneo para acceder a esta lista.

Albert Salman e Valere Tjole, participantes nesta valoración, explican tamén que esta consideración non significa que sexan destinos 100% sostibles pero si queren recoñecer o esforzo dos municipios ou rexións que teñen traballo e baseado as súas liñas de actuación no compromiso co medioambiente, a cultura ou a tradición.

Para a elaboración deste listado valoráronse actuacións baixo as directrices de criterios clave como natureza, cultura, benestar social, políticas ambientais, turismo,… ademais de iniciativas novidosas que se levasen a cabo, como as “praias sen fume” instauradas nas catro praias do centro da Vila.

Baiona, aparece no ranking mundial xunto con outras seis localidades españolas: A Palma, Lanzarote, Noja (Cantabria), Gijón, Barcelona e o Val d’Arán.

- Publicidade -spot_img