spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona distribuíu hoxe preto de 20.000 máscaras de protección entre a veciñanza

Baiona distribuíu hoxe preto de 20.000 máscaras de protección entre a veciñanza

Baiona distribuíu hoxe preto de 20.000 máscaras de protección entre a veciñanzaA masiva resposta de veciños e veciñas fixo ao mediodía estiveran distribuídas todas as unidades dispoñibles nos 7 puntos habilitados polo Goberno local

Tal e como estaba previsto, o Concello de Baiona distribuíu ao logo da mañá de hoxe preto de 20.000 máscaras de protección entre todos os veciños e veciñas, unha iniciativa que busca que a cidadanía poida saír ás rúas, debidamente protexida, e cumprindo as últimas directrices sanitarias que fan obrigatorio o uso destas máscaras en lugares pechados ou espazos abertos nos que non se poida manter a distancia de seguridade.

O reparto das máscaras, tanto cirúrxicas –máis de 15.000 adquiridas polo Concello– coma as elaboradas por persoas voluntarias do municipio, desenvolveuse sen aglomeracións grazas aos sete puntos habilitados polo Goberno local para tal fin: dous en Baiona (Os Tendais e Praza da Froita); dous en Sabarís (Praza de Victoria Cadaval e Avenida de Sabarís); tres máis distribuídos nas parroquias de Baíña, Baredo e Belesar.

A afluencia de veciños e veciñas pola mañá fixo que practicamente esgotáranse as existencias polo que o Goberno local optou por non reabrir estes lugares de distribución en horario de tarde, como inicialmente tíñase previsto.

Máis polo miúdo, repartíronse un total de 1.020 bolsas familiares compostas por dúas máscaras para adulto e outras dúas infantís (4.080 unidades); 1.525 bolsas de dúas máscaras, (3.050 unidades) e 3.153 bolsas con catro máscaras de protección (12.732 unidades) o que suma un total 19.862 mascarillas entregadas (17.822 de adulto e 2.040 infantís).

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, salientou a importancia da distribución deste material, aínda que recalcou unha vez máis “a necesidade de extremar as medidas de seguridade recomendadas” porque, lembrou “a crise sanitaria provocada pola COVID-19 e o perigo de contaxio seguen aí”.

As mellores armas para combater esta fase da pandemia, afirma o rexedor baionés, “son a prudencia e a responsabilidade individual de cada quen” unha responsabilidade “da que as veciñas e veciños de Baiona deron exemplo durante o confinamento”, concluíu Gómez.

- Publicidade -spot_img