spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona destinará 197.186,96 euros a contratar a 26 veciños desempregados

Baiona destinará 197.186,96 euros a contratar a 26 veciños desempregados

baiona-destinara-197-18696-euros-a-contratar-a-26-vecinos-desempregados

O Concello de Baiona destinará un investimento de 197. 186.96 euros, de fondos procedentes da Deputación de Pontevedra para contratar 26 persoas desempregados.

A contía provén da liña que o organismo provincial prevé dentro do Plan Concellos 2016 para que os municipios utilicen nas conservacións de bens e servizos municipais. Dentro do montante de Deputación destinado a emprego, o Concello de Baiona quixo gastar o total da porcentaxe que se lle atribúe a estas funcións un 22,5%, non é necesario empregar o 100% a emprego, pero o alcalde xunto co equipo de goberno quixeron reverter a partida total no emprego dos veciños.

“É unha noticia fantástica que 26 familias poidan beneficiarse deste tipo de contratos xa que lles garante uns ingresos. Ademais, co seu traballo axudarán a manter e a mellorar diversos servizos municipais”, sinala Angel Rodal, alcalde de Baiona.

O acceso a este plan e a estes postos levará a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego, dentro da máis absoluta transparencia. A oficina de emprego de Baiona, será a encargada de realizar a sondaxe dos candidatos para a selección do persoal. Os aspirantes teñen que ser desempregados e que non sexan perceptores de prestacións ou ben ser perceptores de prestacións sociais destinadas a garantir uns recursos mínimos para a súa subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e similares).

Polo momento, a mediados do mes de febreiro incorporaranse aos servizos municipais 3 peóns/as de obra pública, 3 de peóns/as de limpeza e recollida de lixo, 1 condutor/a de camión, 1 peón /peona de xardinería, 1 peón/na cantería, 1 peón/na de electricidade. Serán contratados por 10 meses en xornada de 35 hoaras semanais.

En abril, contrataranse aos 16 restantes por uns seis meses e medio tamén en xornada de 35 horas semanais.

O alcalde de Baiona, Angel Rodal Almuiña, adiantou esta información tras a reunión que mantivo onte co director da Oficina do Servizo Público de Emprego para coñecer as cifras de emprego da localidade.

Na reunión, Daniel Misa Calviño, e Rodal analizaron as cifras de paro do pasado ano, as cales reflictes cifras positivas. O ano 2015 pechouse con 57 parados menos que no ano 2014, o que supón o maior descenso anual desde o ano 2010.

Concretamente, o 2015 pechouse con 1.089 parados rexistrados. Isto significa o 87% dos veciños baioneses en idade de traballar (8.237 persoas) teñen emprego mentres que o 13% están a buscalo. Con estas cifras Baiona sitúase por moi debaixo de lles porcentaxes de paro da provincia que roldan unha media de 26% de parados. Aínda que as cifras reflictan estes datos desde o Concello seguirase apostando fortemente por seguir rebaixando as cifras de parados ata alcanzar unha taxa mínima de desemprego no municipio.

O alcalde ofreceu “total e completa” colaboración do seu goberno coa oficina do servizo público de emprego do municipio.

O Concello de Baiona ten un fiel compromiso coa creación de emprego. Unha das apostas por ampliar a empleabilidad dos veciños de Baiona é a posta en marcha do IV Obradoiro de Emprego Terras do Miñor sobre hostalería, promovido a través da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor. Outra das apostas do consistorio baionés é a creación do novo viveiro de empresas que se situará na Casa do Reloxo, un espazo dedicado á promoción de novas empresas. Segundo o acordo subscrito entre Consorcio da Zona Franca e Concello este viveiro de empresas terá unha especial dedicación a aquelas iniciativas cuxas actividades se desenvolvan contorna ao sector turístico, marítimo ou actividades lúdico-deportivas.

- Publicidade -spot_img