spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona controlará o aforo de praias e espazos abertos con drons equipados cunha...

Baiona controlará o aforo de praias e espazos abertos con drons equipados cunha aplicación desenvolvida por unha empresa instalada en Porto de Molle

Baiona controlará o aforo de praias e espazos abertos con drons equipados cunha aplicación desenvolvida por unha empresa instalada en Porto de MolleO Concello de Baiona controlará o aforo de praias e espazos  abertos con drons equipados cunha aplicación intelixente desenvolvida por DGH, empresa instalada en Porto do Molle

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, asistiu na tarde de onte á demostración práctica do sistema de control aforo de praias e espazos abertos ‘Intelligent Watchful Vision’ que o Concello de Baiona utilizará como medida de prevención e protección fronte á COVID-19.

O sistema, desenvolvido pola empresa DGH, ingeniería y mantenimiento industrial, situada en Porto do Molle, combina a versatilidade dos drons para a gravación de imaxes en grandes superficies xunto á potencia e a fiabilidade da intelixencia artificial no conteo de persoas”. É, sinalaron, “un software de análise intelixente que consegue un reconto moi preciso en tempo real”.

O alcalde de Baiona subliñou a importancia de que o sistema teña sido creado por unha empresa “que apostou por establecerse no Val Miñor e nun polígono industrial que está a ser un referente en empresas de I+D+i ”.

Carlos Gómez adiantou que agora, persoal muncipal “realizará un curso de aprendizaxe para a utilización do sistema” e subliñou a importancia que terá, unha vez posto en marcha, “para o control de aforo de persoas nun municipio que, como Baiona, conta con numerosos eventos considerados como de ‘participación masiva’ como as Festas da Anunciada ou A Arribada”.

Do mesmo xeito, engadiu o rexedor local baionés, “o sistema permitirá controlar o aforo de espazos, como as praias, nos que ata o momento era pouco máis que imposible facelo ou, cando menos, facelo cun sistema rápido e con garantías”.

Baiona demostra unha vez máis, rematou Gómez, “que mantén unha forte aposta pola modernización do municipio en todos os sentidos e por garantir a seguridade e saúde tanto dos nosos veciños e veciñas como das persoas que nos visitan”. Nese sentido, Carlos Gómez recalcou que “á excelencia turística que xa ofrecemos, temos que engadir a seguridade que faga que, todos e todas as que nos visitan, poidan facelo con toda clase de garantías”.

Máis sobre DGH

A empresa DGH leva máis de 40 anos deseñando e executando proxectos e servizos integrais en contornas industriais cunha ampla cobertura nacional e internacional. Comezou a súa andaina nun dos sectores máis complexos e esixentes como é a automoción para, máis tarde, ampliar o seu abano de traballo a sectores como a alimentación, aeronáutica, construción e novas tecnologías.

Na actualidade conta cun cadro de persoal de máis de 500 persoas e, ademais das súas centrais de Valladolid e Portugal, conta con delegacións en varios puntos de España, entre eles dúas naves industriais no Polígono de Porto do Molle que dan emprego a máis de 50 persoas.

- Publicidade -spot_img