Inicio Val Miñor Baiona Baiona celebra o Día da Hispanidade reivindicando o seu protagonismo como "ponte...

Baiona celebra o Día da Hispanidade reivindicando o seu protagonismo como “ponte de fraternidade entre América e Europa”

Baiona-celebra-Día-Hispanidade-reivindicando-seu-protagonismo-como-ponte-fraternidade-entre-América-Europa

O acto iniciouse na Praza do Concello coa recepción oficial das autoridades civís e militares, entre os que destacou a presenza da Presidenta da Deputación, Carmen Silva Rego e do conselleiro de Sanidade e exalcalde, Jesús Vázquez Almuiña, quen acudiu en representación do presidente da Xunta.

Posteriormente autoridades, veciños e visitantes, desprazáronse ata o monumento “Encontro entre Dous Mundos” situado á beira do recinto amurallado do Parador, onde tivo lugar a intervención de autoridades e a ofrenda de coroas.

O primeiro en falar fué o alcalde de Baiona en funcións Anxo Manuel Rodal Almuiña, que iniciou o seu discurso desta maneira:“Bienvenidos a la cuna de la noticia del conocimiento de una nueva tierra más allá del Atlántico”. *Discurso integro no pié da páxina

A continuación e en nome do Corpo consular acreditado en Vigo, tomou a palabra o vicedecano e cónsul de Polonia en Vigo, Juan M. Vieites Baptista de Sousa, o cal definiu Baiona como”ponte cultural entre Europa e América”.

Para a presidenta da Deputación, Carmela Silva, tamén foi a súa primeira “Hispanidade” e no seu discurso destacou os valores da “igualdade, a xustiza e a liberdade, que comparten os seus distintos pobos”.

Pola súa banda o actual conselleiro Jesús Vázquez Almuiña participaba no seu primeiro acto oficial na Vila de Baiona da que foi alcalde ata hai poucos días, un momento que el mesmo definiu como “transcendental” O titular de Sanidade, aproveitou o acto para agradecer aos veciños de Baiona o seu apoio nestes doce anos e agradeceu á Deputación, na persoa da súa presidenta, Carmela Silva “que continúe coa liña marcada fai dez anos”. Lembrou que Pontevedra celebraba o Día da Hispanidade na capital, “ata que se considerou que era bo que Baiona fose un referente na celebración da Festa Nacional”.

O acto concluíu coa tradicional ofrenda de coroas na que ademais das citadas autoridades civís e os representantes militares, participaron o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello.

Pechou o acto a Banda de Música de Baiona coa interpretación dos Himnos de Galicia e España

DISCURSO DIA DE LA HISPANIDAD 2015_Ángel Rodal_

En representación da Escola Naval Militar de Marín o Capitán de Corveta D. Antonio Díaz Rodriguez,/ O Comandante Naval do Miño o Capitán de Corveta D. Enrique García González/ O Presidente de Portos de Galicia D. José Juan Durán Hermida
En representación da Escola Naval Militar de Marín o Capitán de Corveta D. Antonio Díaz Rodriguez,/ O Comandante Naval do Miño o Capitán de Corveta D. Enrique García González/ O Presidente de Portos de Galicia D. José Juan Durán Hermida

Baiona-celebra-Día-Hispanidade-reivindicando-seu-protagonismo-como-ponte-fraternidade-entre-América-Europa
Subdelegado do Goberno en Pontevedra, D. Antonio Boffil/ O Subdelegado de Defensa en Pontevedra o Coronel D. Ängel de Miguel Campos/ O Xefe do Reximientode Infantería “Isabel la Católica” nº29 da Brilat, Coronel D. Juan José Castellanos Moscoso de Prado.

Baiona-celebra-Día-Hispanidade-reivindicando-seu-protagonismo-como-ponte-fraternidade-entre-América-Europa
Presidenta da Deputación de Pontevedra Dª Carmen Silva Rego/ O alcalde en funcións do Concello de Baiona Ángel Rodal Almuiña/ O Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia D. Jesús Váquez Almuiña

Baiona-celebra-Día-Hispanidade-reivindicando-seu-protagonismo-como-ponte-fraternidade-entre-América-Europa
Banda de Música de Baiona

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies