A Copa Galicia Junior Feminina é unha competición que disputan os equipos federados da devandita categoría en Galicia (xogadoras nadas en 2000 e 2001), durante os meses de Setembro e parte de Outubro.
Tras unha fase previa de liguiña con 10 equipos, chegan a esta fase final os catro mellores clasificados, disputando as correspondentes semifinais, final de consolación e final, nunha xornada e sede única; neste caso no noso municipio.
O vindeiro domingo, día 8 de outubro, o pavillón municipal de Baiona acollerá a fase final da Copa Galicia Junior feminina de baloncesto.
Grazas á organización conxunta do Concello de Baiona e Celta Baloncesto Feminino, este domingo día 8 disputarase a mencionada fase onde todo aquel que se achegue ata o pavillón ás 10:30 horas do CELTA ZORKA- A.D.PELETEIRO SANTIAGO e ás 12:30 horas ESTUDANTES LUGO- DURAN MAQUINARIA ENSINOLUGO.
Xa en sesión de tarde, disputarase o partido polo terceiro e cuarto posto desde as 17:30, para a continuación celebrarse a gran final desde as 19:30 horas.
A cerimonia de clausura e a entrega de trofeos terá lugar ao termo da final sobre as 21h.
Na devandita competición haberá ocasión de ver a evolución de xogadoras que xa están en dinámica de categorías senior como é a liga Feminina 2 e que son xogadoras internacionais coas seleccións españolas da súa categoría como é o caso de Raquel Carreira e Ainhoa Lacorzana (Celta Zorka) e de Esther Castedo (Ensino Lugo).



