spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona acolle este fin de semana a segunda xornada da competición...

Baiona acolle este fin de semana a segunda xornada da competición náutica organizada polo MRCY para a clase J80

baiona-acolle-este-fin-de-semana-a-segunda-xornada-da-competicion-nautica-organizada-polo-mrcy-para-a-clase-j80

A vila mariñeira de Baiona acolle mañá sábado unha nova xornada do Trofeo Vitaldent Clase J80, unha competición organizada polo Monte Real Club de Yates co patrocinio de Vitaldent.

Se as condicións meteorolóxicas son propicias, tal e como indica a previsión, o comité de regata dará saída, a partir das tres da tarde, á primeira das tres regatas previstas para este segundo día de trofeo.

Sobre a auga, oito barcos da clase J80 pelexarán por arrebatarlle o liderado provisional ao Virazón de Miguel Lago, que encabeza a competición tras gañar a primeira proba. O Miudo de Rui Ramada e o Ferralemes patroneado por Enrique Porto, ocupan, a día de hoxe, a segunda e terceira posición.

A espera do que vaia a suceder mañá, a clasificación actual do Trofeo Vitaldent Clase J80 complétana, por esta orde, o Pazo de Cea, de Rita Hernández; o Alumisel, de Guillermo Caamaño; o Escuela Náutica Cormorán, de Iván Pérez-Gándaras; o Luna Nueva de Juan Luís Tuero e o Namasté de Luís de Mira.

O público que desexe gozar desta competición náutica poderá ver as probas desde as murallas do Parador de Baiona, Monteferro, Monte Lourido ou praia América.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.