spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona á vangarda da accesibilidade

Baiona á vangarda da accesibilidade

Baiona-vangarda-accesibilidade

O Concello de Baiona reforza un ano máis o Plan de Accesibilidade ás praias do municipio coa adquisición de dúas cadeiras anfibias, dúas tumbonas adaptadas e tres kits de muletas co obxectivo de facilitar o baño na praia ás persoas con mobilidade reducida. Coas novas adquisicións Baiona sitúase á vangarda da accesibilidade, pois é o municipio da comarca que conta con máis equipos. A Concellaría de Accesibilidade continúa co seu compromiso para que as persoas con problemas de mobilidade poidan gozar do mar durante os meses estivais.

As novas cadeiras, que se suman ás outras dúas xa existentes, son moito máis manexables e supoñen un menor esforzo para o persoal de asistencia especializado. As cadeiras anfibias, atópanse, na Praia Ribeira, en Santa Marta e dúas na Praia Ladeira, teñen que ser solicitadas polos usuarios que o requiran ao persoal de Protección Civil que se ocupa da vixilancia das praias e axudan aos usuarios a entrar e saír da auga.

As tumbonas adaptadas para persoas discapacitadas adquiridas polo Concello de Baiona son totalmente plegables e están provista de dúas rodas para poder desprazala por calquera tipo de terreo e mesmo para poder acceder á auga. Caracterízanse porque son fáciles de manexar por parte dunha soa persoa. Isto significa que aqueles usuarios que veñan cun acompañante poderán facer uso dela sen necesidade de que os asista persoal especializado, o que supón intimidade á hora de bañarse na auga para a persoa discapacitada. Atópanse na Ladeira e na Ribeira.

En canto ás muletas anfibias, están pensadas para que o usuario poida camiñar comodamente pola area, para iso, a base ten unha superficie máis ampla de apoio que impide que a muleta se afunda na area, polo que poderán pasear tranquilamente con elas ademais poderán entrar e saír do mar dunha forma fácil e segura. Aqueles que o desexen poderán solicitalas na Praia Barbeira, Ribeira, Santa Marta e A Ladeira.

Ao compromiso da Concellaría de Accesibilidade tamén se sumou a Concellaría de Medio Ambiente que mellorou as pasarelas de acceso en todas as praias da localidade para que as persoas de mobilidade reducida poidan gozar dos areais nas mesmas condicións que o resto. Ademais, tamén se melloraron as sendas cara aos urinarios para que as persoas discapacitadas poidan acudir de forma totalmente autónoma, sen necesidade de ningunha axuda, ao servizo.

Con todo isto, Baiona terá a praia Ribeira, Santa Marta e Ladeira totalmente accesibles para o baño das persoas discapacitadas. Por este motivo os areais baioneses, ademais de estar entre os mellores pola súa excelencia das augas ou pola súa beleza, tamén están entre os máis accesibles pois son escasos os municipios que conta cunhas praias tan equipadas e adaptadas ás persoas con mobilidade reducida como as da vila.

As persoas que queiran gozar destes equipos, poderán facelo todos os días, desde o once da mañá até o oito da tarde. Para iso, teñen que ser solicitados polos usuarios que o requiran ao persoal de Protección Civil que se ocupa da vixilancia das praias.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.