Inicio Pontevedra Val Miñor Avelaíña, mente e corazón

Avelaíña, mente e corazón

Avelaíña é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública, integrada por persoas con enfermidade mental (PEM), familiares, coidadores e persoas sensibilizadas diante deste problema de saúde

Principios

Coa ambiciosa misión de potenciar a inclusión das persoas con enfermidade mental da zona do Baixo Miño e de Val Miñor e a de mellora da súa calidade de vida e a dos seus familiares, a Asociación de Saúde Mental.

Avelaíña iniciou a súa andaina en 1997. Co obxectivo de atender a este colectivo e paliar a carencia de recursos en relación á atención de persoas con enfermidade mental (PEM), a asociación non tardou en poñer en funcionamento o Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (CRPL) no Baixo Miño, así como os primeiros programas de Atención Domiciliaria,

Escola de Familias ou Respiro Familiar. Desde aquel momento a súa actividade, a súa área de actuación e os seus asociados non teñen deixado de medrar.

Traxectoria

Desde a creación desta Asociación, ata a actualidade, produciuse un rápido proceso de evolución e crecemento, en número de persoas asociadas (actualmente 550) e no número de profesionais, colaboradores e voluntarios.

Por iso, o equipo humano da entidade representa unha ferramenta fundamental para a mellora da calidade de vida das persoas con enfermidade mental e as súas familias, nas comarcas de Baixo Miño e Val Miñor.

Na actualidade, os usuarios da Asociación teñen ao seu dispor servizos de rehabilitación domiciliaria, piso protexido e escola de familias. Os familiares dos usuarios poden acudir á escola de familias e ó servizo de respiro familiar, e ademais desde a entidade préstanse servizos de orientación á comunidade e se desenrolan campañas de sensibilización social.

En España, estímase que o 9% da poboación ten na actualidade un trastorno mental. A ansiedade, a depresión, a anorexia ou a esquizofrenia poden afectar a un irmán, a unha nai, a un amigo, a un compañeiro de traballo… E sen embargo, falar de enfermidade mental segue a considerarse

Instalacións insuficientes Debido á gran demanda que existe actualmente no Val Miñor, Avelaíña ven de ampliar o número de técnicos profesionais e con iso, mellorado e ampliado os servizos que reciben os usuarios. O equipo técnico está integrado por unha directora técnica, unha psicóloga, unha traballadora social, un terapeuta ocupacional, unha educadora social, monitores de taller, unha técnica de comunicación e unha administrativa, xunto a todas as persoas que colaboran de forma altruísta e desinteresada con Avelaíña. Este aumento e mellora no persoal e na calidade das actividades que desenrolan non foi acompañado polo momento dunha mellora nas súas instalacións xa que, desde 2010 continúan situados nun pequeno local en Gondomar polo que a Asociación paga mensualmente un elevado aluguer que non cumpren os requisitos para o normal funcionamento do Centro. “Lograr un local que substitúa ao actual é un obxectivo primordial. En 90 m2 realizamos 892 atencións de media anual, entre usuarios, familiares e poboación en xeral”, explicou o xerente Rafael Álvarez a Cousas de Val de Miñor. “O problema é que somos unha entidade sen ánimo de lucro sen fondos suficientes para manter este local. Sobrevivimos coas aportacións de socios e as subvencións e axudas de particulares.” Así o manifestou Álvarez, que realiza un chamamento, unha vez máis, aos Concellos miñoranos para que se impliquen nas necesidades dos seus cidadáns que padecen enfermidades mentais.

En España, unha de cada catro persoas padecerá algunha enfermidade mental ao longo da súa

Avelaíña-mente-e-corazónEl alcalde D. Fernando Guitián y La concejala De Benestar Social, Muller e Igualdade, Patricia Durán Pérez  visitan  el Centro de Rehabilitación  Psicosocial que Avelaíña tiene ubicado en Gondomar

Avelaíña, mente e corazónMarcha saludable realizada por la Avelaíña en “El día Mundial de la Salud Mental”, desde la Alameda de Ramallosa a la plaza del Concello de Baiona

NE.-Reportaxe incluido no número 2 da revista Cousas de Val Miñor

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies