spot_img
InicioVal MiñorNigránAsinado o convenio para a futura biblioteca de Nigrán

Asinado o convenio para a futura biblioteca de Nigrán

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Nigrán, Juan González, asinaron esta mañá o convenio o abeiro do plan de reequilibrio territorial da institución provincial para a construción da nova biblioteca da vila do Val Miñor.

Carmela Silva subliñou a importancia da sinatura deste convenio porque este tipo de infraestruturas son para “promover a cultura, a educación e mellorar o futuro” dos veciños e veciñas da localidade do Val Miñor. A presidenta recalcou mostrarse “moi satisfeita” por asinar este tipo de convenios porque “todo o que sexa promover a cultura e moi importante porque nos permite cambiar o mundo e nos permite dotarnos de instrumentos para promover a igualdade de oportunidades entre todos e todas”.

A Presidenta recordou que o Plan de reequilibrio territorial planificouse por parte da Deputación ao ser consciente da das carencias en moitos concellos de menos de vinte mil habitantes. “Os veciños e veciñas da provincia poden así contar con infraestruturas culturais, deportivas ou de calquera tipo independentemente de onde vivan”.

Silva considerou a nova biblioteca de Nigrán como a inversión máis importante deste concello “e vai ser unha realidade ante de xuño de 2019”. “Este  tipo de inversións son as que máis me gustan que fagan os concellos”, subliñou a Presidenta.

Pola súa parte, o alcalde de Nigrán, Juan González, cualificou esta firma “como un momento moi importante. Vainos permitir contar cun espazo cultural no centro de Nigrán para o futuro”.

O proxecto do edificio para a nova biblioteca ten un orzamento de  1.849.525 euros dos que a Deputación de Pontevedra aportará 1.479.620 euros e o concello 369.905 euros.

O plan de reequilibrio territorial contempla 25 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes que recibirán 15 millóns de euros en subvencións da institución provincial para desenvolver un proxecto singular en cada termo municipal que foi proposto por cada concello con criterios obxectivos, transparentes  e claros que garanta unha lixeira compensación polo reparto de subvencións por anteriores corporacións provinciais.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.