spot_img
InicioVal MiñorBaionaAs obras de recuperación da antiga cetaria da doca en Baiona, a...

As obras de recuperación da antiga cetaria da doca en Baiona, a piques de rematar

As obras de recuperación da antiga cetaria da doca en Baiona, a piques de rematarA antiga cetaria destinábase como viveiro natural para marisco e estaba en desuso desde hai aproximadamente 50 anos polo que requiría dunha reforma e que mellor maneira que recuperar o espazo para o gozar de todo aquel que queira relaxarse coa auga do mar procedente dos bancales de algas que abundan na costa e facer desta cetaria un pequeno talaso natural , cuxo nivel dependerá das mareas.

 

O proxecto de rehabilitación comezou no mes de agosto, está cofinanciado polo FEP (fondo Europeo da Pesca), cuxo orzamento inicial do proxecto ascendía a 102.779,29 euros e foi finalmente contratada por 83.702,86 euros dos cales 55.340,73 euros foron subvencionados nun 75 % por Fondo Europeo de Pesca e o 25 % polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e da Conselleria do Medio Rural e do Mar, sendo coordinado polas Concellarías de Traballo, do Mar e Urbanismo.

Con esta obra non só revalorizarase e recuperará a memoria histórica desta vila mariñeira na que as xentes do mar teñen gran protagonismo, á súa vez tamén se adaptará ás novas formas de vida e utilización, converténdose nun lugar cheo de encanto dentro da contorna do paseo de Monte Boi , onde os paseantes poderán gozar tamén dunha zona de descanso, baño e solárium.

As obras de recuperación da antiga cetaria da doca en Baiona, a piques de rematar

Ademais da limpeza e roza da zona e retirada das pedras do interior da cetaria, realizáronse obras de saneamento e regularización do muro existente na balsa, realizáronse accesos e un muro de mampostería para tamén poder acceder a unha zona de solárium realizada con madeiras tratadas para aguantar as inclemencias do tempo, que se colocaron como elemento de unión entre o paseo Monte Real e a propia cetaria a través dunhas escaleiras e pasos de madeira das mesmas características que a plataforma (solárium).

A construción de mediados de século pasado reconvértese así nun espazo actual e moderno do século XXI, na que se poderá gozar da marabillosa contorna do Paseo Monte Boi , das vistas da Baía, e do sol e do mar da nosa fermosa costa.

As obras de recuperación da antiga cetaria da doca en Baiona, a piques de rematar

Con esta rehabilitación e coa instalación de paneis informativos, folletos e visitas guiadas mesmo a escolares, preténdese dar a coñecer á cidadanía e aos miles de turistas e visitantes que se achegan anualmente a nosa Vila, a importancia da memoria histórica do mar e a posta en valor dun elemento patrimonial da cultura marítima que se atopa situado nun enclave privilexiado ?o Paseo de Monte Boi? e o Parador de Monterreal, a través de paneis informativos que divulgarán creando un elemento dinamizador do turismo e dun novo espazo de lecer á beira do mar.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.