·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioVal MiñorNigránAs obras da nova Biblioteca de Nigrán entran na recta final

As obras da nova Biblioteca de Nigrán entran na recta final

As obras da nova Biblioteca de Nigrán entran na recta finalA nova biblioteca de Nigrán, unha actuación que supuxo o investimento de 1.849.525 euros no marco do Plan de Reequilibrio da Deputación,  é o último equipamento cultural que a institución provincial fai posible e que entrará en funcionamento a finais deste mes de abril.

O deputado de Cooperación, Santos Héctor, visitou as obras acompañado do alcalde, Juan González e da deputada, e tamén concelleira nigranesa, Raquel Giráldez.

O edificio reforza a centralidade deste espazo e está dotado con catro fachadas e 1.260 metros cadrados construídos. Conta cun deseño de vangarda, que se adapta perfectamente á pendente da parcela e que foi concibido con criterios bioclimáticos, dotado, por tanto, coas últimas tecnoloxías en climatización e iluminación, reducindo os consumos enerxéticos e o impacto ambiental. As obras foron financiadas ao 80% pola Deputación, que achegou 1.479.620 euros, mentres que o Concello correu cos 369.905 euros restantes.

Santos Héctor definiu á biblioteca pública como “un novo fito urbano de Nigrán” e asegurou estar desexando volver para  inaugurar as instalacións. “Esta obra é un acontecemento para o Val Miñor e un dos proxectos máis ambiciosos da Deputación”.

Juan González agradeceu o apoio do Goberno da Deputación de Pontevedra “nunha obra tan importante para Nigrán como é esta Biblioteca, que dentro dun mes estará en servizo”. “Este é un edificio singular, que vai crear centro en Nigrán e vai ser un revulsivo económico para a toda a zona; un edificio que transpirará cultura, educación e valores”.

As obras afrontan nestes momentos os últimos retoques, cun nivel de execución que supera xa o 80%. O edificio está pendente só da urbanización exterior, así como dos remates de pintura, fontanería e carpintería, así como das instalacións. A obra civil, que foi readxudicada en xuño de 2020 despois da renuncia da primeira empresa, estará lista este mes.

A nova Biblioteca está distribuída nun andar baixo para zona de recepción e diversos servizos, un primeiro andar para a sala de ordenadores e sala de préstamo infantil e xuvenil, un segundo andar para sala de préstamo de literatura para adultos e, finalmente, un terceiro andar coa sala de estudo (130 metros cadrados) e catro salas pequenas (duns 7 metros cadrados  cada unha) para o estudo en grupo. Ademais, alberga o obradoiro de mantemento. Está coroado por unha terraza con fermosas vistas. O edificio vai ser dotado cun mobiliario minimalista e estilo contemporáneo acorde co edificio.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies