spot_img
InicioO SalnésAs contadoras Vero Rilo e Carmen Conde protagonizan en Ribadumia unha nova...

As contadoras Vero Rilo e Carmen Conde protagonizan en Ribadumia unha nova acción de “Mulleres en acción. Violencia Zero”

as-contadoras-vero-rilo-e-carmen-conde-protagonizan-en-ribadumia-unha-nova-accion-de-mulleres-en-accion-violencia-zeroRibadumia acolleu onte unha nova acción do programa da Deputación de Pontevedra “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, protagonizada polas contadoras Vero Rilo e Carmen Conde. Nesta peza, que se desenvolveu no CPI Julia Becerra Malvar, as artistas exploraron os camiños da narración oral desde unha perspectiva feminista ante o alumnado de 3ª e 4º da ESO.

Revista Cousas De Nº19

Trátase dunha peza na que, baixo o título “O verbo dos posibles”, ambas artistas exploran os camiños da narración oral desde unha perspectiva feminista. A actuación asistiu a deputada provincial Isabel Couselo e na súa intervención amosou o compromiso da institución provincial coa igualdade “que ten que ser unha realidade e é un obxectivo prioritario”. “Imos encamiñar os nosos esforzos –sinalou- para que esta provincia vaia a máis en canto á igualdade, que sexa un exemplo e unha referencia. E daremos pasos cara adiante, esforzándonos para conseguir esa igualdade efectiva de maneira real, porque sabemos que é fundamental para construír máis provincia”. Neste aspecto, a deputada convidou ao alumnado a sumarse “como axentes implicados” neste obxectivo.

“O verbo dos posibles” é, segundo as artistas, unha homenaxe aos contos e ao termo computus (do latín compŭtus, conta, que alude a unha narración breve). Esta palabra antiga refírese aos contos, ás contas e tamén ao cálculo dos ciclos no calendario. Deste xeito, nesta sesión as historias están vencelladas á  multiplicación de bocas femininas que transmitiron unha narración ata convertela en tradición, así como tamén ao paso do tempo, “no que grazas ás recollidas e conservación de historias especialmente feitas por mulleres, grazas á autoría e o maxín, perpetuou a través das xeracións todos os cómputos”.

Carmen Conde é filóloga, dramaturga, guionista e contadora. Autora de relatos breves infantís e adultos e humorista, fundou Tarabela Creativa xunto a Diego Gallego, dende onde crean formatos escénicos e audiovisuais, como a mini serie web “Premios Darwin” e a serie dixital “Quéreme soar!”. Dende 2009 imparte obradoiros de relato breve, poesía, micorrelato e narración oral. Pola súa banda, Vero Rilo é narradora oral e educadora. Titulada como técnica superior en Integración Social e tamén en Educación Infantil, leva desde 2013 contando contos e historias para todos os públicos tras formarse con referentes da narración oral galega e internacional como Charo Pita, Tim Bowly, Quico Cadaval, Paula Carballeira, Rodorín, Pablo Albo ou Soledad Felloza.

O programa provincial “Mulleres en Acción. Violencia Zero” está a celebrar este ano a súa oitava edición baixo o lema “Artistas Aliadas. Mulleres Aliadas”. Programáronse 25 novas accións con 35 artistas que realizan performance, danza, música, teatro, murais, poesía e audiovisuais para concienciar á sociedade sobre as violencias machistas. Xa se celebraron en Pontevedra, Vigo, Barro, Arbo, As Neves, Cangas, A Cañiza, O Grove, Nigrán, Mos, Gondomar, Oia, Baiona, Cambados, Marín, Poio, Vilagarcía, Caldas e A Lama e, tras Ribadumia, o programa chegará a Tui e Forcarei.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.