spot_img
InicioVal MiñorBaionaAndrés Álvarez e Pablo García, gañadores do Trofeo Baitra - Copa de...

Andrés Álvarez e Pablo García, gañadores do Trofeo Baitra – Copa de Galicia de Vela da clase 420 celebrado en Baiona

Andrés-Álvarez-Pablo-García-gañadores-Trofeo-Baitra-Copa-Galicia-Vela-clase-420-celebrado-Baiona

O buenense Andrés Álvarez, de 18 anos, e o pontevedrés Pablo García, de 15, gañaron este fin de semana en Baiona a Copa Galicia da clase 420, organizada polo Monte Real Club de Yates co patrocinio de Baitra Accesorios Navais. Os novos regatistas do Club de Mar de Aguete non tiveron rival nos dous días que durou o campionato e finalmente fixéronse co máis que merecido título.

Os novos regatistas do Club de Mar de Aguete alzáronse coa vitoria do campionato celebrado este fin de semana no Monte Real Club de Yates

Na primeira xornada de probas, Álvarez e García lograron gañar o tres mangas disputadas e afastarse dos seus competidores na clasificación. Este domingo volveron demostrar do que son capaces cruzando os primeiros a liña de chegada en dúas do tres probas disputadas.

O pontevedrés e o budetense, de 15 e 18 anos, suman así unha nova vitoria á súa lista de triunfos deste 2015, que acabarán no Mundial ISAF de Malaisia

Tras conseguir a prata no nacional da clase xuvenil e o ouro na Copa Galicia, aos de Aguete espéranlles agora duros meses de adestramento para dar o mellor de si no Campionato de Europa que se celebrará este verán na localidade búlgara de Bourghas e no Mundial ISAF 2015, que disputarán o próximo mes de decembro en Malaisia.

Marcos Cordeiro e Simón Porcio, do Náutico de Vigo, e Marcos Fernández e Pedro García, do Náutico de Portosín, quedaron en segunda e terceira posición

Tras eles, no Trofeo Baitra, quedaron en segunda e terceira posición, as tripulacións formadas por Marcos Cordeiro e Simón Porzio, do Real Club Náutico de Vigo, e Marcos Fernández e Pedro García, do Real Club Náutico de Portosín.

A entrega de premios celebrouse ao finalizar a competición nas instalacións do Monte Real Club de Yates. Por cortesía de Baitra, empresa patrocinadora do evento, e con motivo do 50 aniversario do club baionés, o tres primeiros clasificados levaron como trofeo unha réplica en fundición da Batería do Cangrexo, o recinto amurallado onde se sitúa o Monte Real. Ademais, os gañadores foron premiados con material náutico de Jesús Betanzos Efectos Navais, Magic Marine e lentes de sol de Óptica Real.

As próximas citas coas competicións do Monte Real Club de Yates son o Campionato Galego de Solitarios e A Dous, que se celebrará o fin de semana do 13 e 14 de xuño, e o Campionato de España da Clase 2.4mR de vela adaptada, os días 19, 20 e 21 de xuño.

CLASIFICACIÓN XERAL TROFEO BAITRA ? COPA GALICIA CLASE 420

1) Andrés Álvarez e Pablo García – RCM Aguete
2) Marcos Cordeiro e Simón Porzio – RCN Vigo
3) Marcos Fernández e Pedro García – RCN Portosín

MELLOR TRIPULACIÓN FEMININA

Carlota Hernández e Ana Carrasco – RCN Vigo

MELLOR TRIPULACIÓN XUVENIL

Andrés Álvarez e Pablo García – RCM Aguete

MELLOR TRIPULACIÓN INFANTIL

Carlota Hernández e Ana Carrasco – RCN Vigo

Andrés-Álvarez-Pablo-García-gañadores-Trofeo-Baitra-Copa-Galicia-Vela-clase-420-celebrado-BaionaAndrés-Álvarez-Pablo-García-gañadores-Trofeo-Baitra-Copa-Galicia-Vela-clase-420-celebrado-Baiona Andrés-Álvarez-Pablo-García-gañadores-Trofeo-Baitra-Copa-Galicia-Vela-clase-420-celebrado-Baiona

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.