spot_img
InicioVal MiñorBaionaAlfonso Rueda visita o Centro de Información da Muller de Baiona

Alfonso Rueda visita o Centro de Información da Muller de Baiona

Alfonso-Rueda-visita-Centro-Información-Muller-Baiona

O Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou este mediodía, acompañado pola Secretaria Xeneral de Igualdade, Susana López Abella, o Centro de Información da Muller de Baiona.

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, acompañado pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mº Jesús Martíns Passos, déronlles a benvida ao centro baionés no que o goberno galego leva investidos máis de 200.000 euros no últimos cinco anos

Alfonso Rueda manifestou que o Centro de Información da Muller de Baiona é un referente autonómico en canto a funcionamento. Rueda declarou que o goberno galego colabora cunha contribución anual de máis de 3 millóns de euros para contribuír ao mantemento dos 80 CIMs que hai na nosa comunidade e que garanten a prestación dun servizo de información para as mulleres e promoción da igualdade, proporcionando asesoramento psicolóxico, legal; así como información acerca dos recursos específicos para as mulleres vítimas de violencia doméstica e os seus fillos.

A Xunta destaca a importancia do labor dos concellos na loita contra a violencia de xénero

No caso de Baiona, o ano pasado asistiron máis de 200 persoas, e no últimos cinco anos, a localidade recibiu preto de 200.000 euros da Xunta para apoiar a igualdade, entre a subvención para o mantemento do CIM, programas de promoción de igualdade, de conciliación e de prevención da violencia de xénero. O centro conta cunha directora que ademais é axente de igualdade, cunha asesora xurídica e cunha asesora psicolóxica.

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, animou a todos as mulleres que o necesiten a utilizar este centro público onde se lles pode axudar de moitas maneiras. “Neste centro pódese desde solicitar información ata ter asesoramento xurídico e psicolóxico para afrontar problemas. Polo que animo a todos as mulleres baionesas que o necesiten que non teñan receo e que veñan utilizar os diversos servizos que proporciona o centro”. O alcalde tamén manifestou que ” encantaríalle poder mancomunar este servizo“. Vázquez Almuíña terminou a súa intervención encomiando o gran labor que se fai no CIM.

Ademais, o Concello de Baiona está adherido á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, unha rede encargada de promover e apoiar proxectos de prevención de violencia de xénero e detención precoz de situacións de risco, mobilizando e implicando a toda a sociedade fronte aos malos tratos e xeneralizando a tolerancia cero contra as persoas agresoras.

O compromiso total da Xunta de Galicia coa loita contra a violencia de xénero tivo sempre un reflexo real nos seus orzamentos, como así se indica o reforzo para este ano nas partidas destinadas ao ámbito de violencia machista que foron incrementadas nun 17% con respecto ao ano pasado.

O goberno galego considera prioritario conseguir a igualdade real entre home e mulleres e erradicar dunha vez a violencia contra as mulleres e, por suposto, contra os seus fillos e fillas, unha vítimas que moitas veces se invisibilizan, no que é fundamental o papel dos concellos nesta loita, porque moitas veces son os primeiros en detectar os problemas, e os máis próximos aos seus veciños e ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.