Inicio Pontevedra Adxudicada a humanización parcial da Avda. Castelao de Nigrán por valor de...

Adxudicada a humanización parcial da Avda. Castelao de Nigrán por valor de 218.456 euros

O proxecto dotará o centro de Nigrán dunha zona verde de ocio e esparexemento, cun parque infantil, árbores, mobiliario urbano e iluminado público para o desfrute dos veciños.

As obras teñen un prazo de execución estimado de catro meses.

A Deputación de Pontevedra adxudica o proxecto de humanización parcial da Avda. Castelao por valor de 218.456 euros, un proxecto que se enmarca dentro do Plan de Investimentos da Deputación deste ano, e que “dotará ao centro de Nigrán dunha zona verde, cun parque infantil para os máis pequenos, xardíns, mobiliario urbano e iluminado público para o desfrute dos veciños e veciñas do municipio”, sinalou o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde.

Concello de NigránA praza situarase na Avda. Castelao, no tramo que discorre entre a PO-552 e a rúa Manuel Alonso, xunto á Casa Consistorial e no centro neurálxico do municipio, “unha situación estratéxica onde crearemos un espazo público de ocio e esparexemento que fomente as relacións entre os veciños, ao tempo que axude a dinamizar a actividade hostaleira e comercial da zona, dando prioridade na súa formulación á figura do peón”, apuntou o rexedor.

O proxecto considera a creación dun foro público, que se situará xusto fronte ao novo edificio do concello, e contará tamén cunha zona de xogos para nenos, xardíns, mobiliario urbano e iluminación pública, e ten un prazo de execución estimado de catro meses.

A obra dará resposta a unha demanda histórica da parroquia de Nigrán, “cunha execución moi sinxela dende un punto de vista técnico pero que mellorará a calidade de vida dos nosos veciños e a imaxe do centro do municipio”, sinalou Valverde.

Infografía de Avd. CastelaoNeste sentido, sinala que esta actuación supón o primeiro paso en firme dado por un goberno municipal Infografía Plaza Nigrán Infografía Plaza Nigrán para consolidar Nigrán como un dos centros neurálxicos do municipio, xunto con Panxón e A Ramallosa, “unha materia pendente á que este goberno dá resposta”. “Fronte a formulacións idílicas ou teóricas, conseguimos poñer en práctica unha idea realista e asumible, que prioriza a mobilidade dos peóns nun espazo público e que dotará ao centro de Nigrán dun foro e un ámbito onde facer vida,” engade.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies