spot_img
InicioVal MiñorNigránAdxudicada a humanización parcial da Avda. Castelao de Nigrán por valor de...

Adxudicada a humanización parcial da Avda. Castelao de Nigrán por valor de 218.456 euros

Auditorio Nigrán
Adxudicada a humanización parcial da Avda. Castelao de Nigrán por valor de 218.456 euros

O proxecto dotará o centro de Nigrán dunha zona verde de ocio e esparexemento, cun parque infantil, árbores, mobiliario urbano e iluminado público para o desfrute dos veciños.

A Deputación de Pontevedra adxudica o proxecto de humanización parcial da Avda. Castelao por valor de 218.456 euros, un proxecto que se enmarca dentro do Plan de Investimentos da Deputación deste ano, e que “dotará ao centro de Nigrán dunha zona verde, cun parque infantil para os máis pequenos, xardíns, mobiliario urbano e iluminado público para o desfrute dos veciños e veciñas do municipio”, sinalou o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde.

A praza situarase na Avda. Castelao, no tramo que discorre entre a PO-552 e a rúa Manuel Alonso, xunto á Casa Consistorial e no centro neurálxico do municipio, “unha situación estratéxica onde crearemos un espazo público de ocio e esparexemento que fomente as relacións entre os veciños, ao tempo que axude a dinamizar a actividade hostaleira e comercial da zona, dando prioridade na súa formulación á figura do peón”, apuntou o rexedor.

O proxecto considera a creación dun foro público, que se situará xusto fronte ao novo edificio do concello, e contará tamén cunha zona de xogos para nenos, xardíns, mobiliario urbano e iluminación pública, e ten un prazo de execución estimado de catro meses.

A obra dará resposta a unha demanda histórica da parroquia de Nigrán, “cunha execución moi sinxela dende un punto de vista técnico pero que mellorará a calidade de vida dos nosos veciños e a imaxe do centro do municipio”, sinalou Valverde.

Infografía de Avd. CastelaoNeste sentido, sinala que esta actuación supón o primeiro paso en firme dado por un goberno municipal para consolidar Nigrán como un dos centros neurálxicos do municipio, xunto con Panxón e A Ramallosa, “unha materia pendente á que este goberno dá resposta”. “Fronte a formulacións idílicas ou teóricas, conseguimos poñer en práctica unha idea realista e asumible, que prioriza a mobilidade dos peóns nun espazo público e que dotará ao centro de Nigrán dun foro e un ámbito onde facer vida,” engade.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.