spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Rede Eusumo e os concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán organizan...

A Rede Eusumo e os concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán organizan este mes de xulio un obradoiro sobre cooperativísmo

A -Rede-Eusumo-concellos-Baiona-Gondomar-Nigrán-organizan-mes-xulio-obradoiro-sobre-cooperativísmo
Foto: Centro Antena de Nigrán

Os concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar  en execución dunha iniciativa da Rede Eusumo integrada na Consellería de Traballo e Benestar, organizan este mes de xullo o obradoiro “A fórmula cooperativa nos servizos sociais” que amosará as vantaxes e particularidades do cooperativismo como o mellor modelo empresarial para impulsar proxectos de creación de empresa no ámbito da prestación dos servizos sociais dando a coñecer referentes cooperativos no sector e mostrando os recursos para impulsar este tipo de proxectos.

Este obradoiro vai dirixido a todas aquelas persoas interesadas en impulsar proxectos sociais e na formación necesaria para poder realizalo con éxito.

Esta xornada, que se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal de Nigrán (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), desenvolverase o xoves 30 de xullo das 10:00 ás 13:00 horas.

INSCRICIÓNS:

Obradoiro EusumoAs persoas interesadas en participar, poderán inscribirse ata o 29 de xullo, facendo chegar o seu nome completo, DNI e teléfono e correo electrónico de contacto aos departamentos municipais de desenvolvemento local e emprego dos tres concellos e tamén á propia Rede Eusumo, no correo electrónico  info@eusumo.coop

Para ampliar esta información, pódese contactar co Departamento de Desenvolvemento Local de Nigrán, teléfono 986-365000-extensión 1, co Centro Antena, teléfono 986–366572, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos centroantena@nigran.org, orlaboral@nigran.org e tle.nigran@nigran.org

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.