spot_img
InicioVal MiñorNigránA praia de Panxón se convertirá este sábado num aeródromo natural para...

A praia de Panxón se convertirá este sábado num aeródromo natural para a 9ª concentración aerodeportiva

praia-Panxón-convertirá-sábado-aeródromo-natural-para-9ª-concentración-aerodeportiva

O Concello de Nigrán e o Aeroclub Meteoro, coa colaboración da Federación Galega de Deportes Aéreos, organizan novamente este sábado a IX Concentración Aerodeportiva de Nigrán, que reunirá no areal de Panxón a unha quincena de avións e autoxiros que se disputarán o IX Campionato Galego ULM (ultralixeiros). Paralelamente, terá lugar o Campionato Galego de Grandes Maquetas de Radiocontrol e no paseo marítimo realizarase unha exposición de pequenas réplicas de avións de combate, a turborreacción e de helicópteros. O evento, ao que asisten cada ano miles de espectadores, estará controlado por xuíces autonómicos da federación e se desenvolverá dende as 09,00 ás 14,00 horas, sendo o punto álxido entre as 10,00 e as 11,00.

O campionato de ultralixeiros contará coa copiloto ao mando máis nova de España, a nigranesa Enola Fernández, de so 6 anos (foto)

“A praia de Panxón é realmente un aeródromo natural que xa foi utilizado polo afamado piloto galego e comandante de artillería Joaquín Loriga o 2 de xullo de 1927. É unha zona espectacular para aterrar e voar e o evento realmente supón o gran colofón á programación de agosto”, sinalou o alcalde, Juan González, durante a presentación, na que se comprometeu a levar a cabo unha décima edición “aínda máis grande”.

O evento inclúe unha competición de grandes maquetas de radiocontrol, coas que ademais se realizará unha exhibición de voo acrobático

As aeronaves participantes son aparatos biplaza ou monoplaza que non superan os 450 kg e que alcanzan unha velocidade de cruceiro de 160 km/hora, podendo chegar aos 300 km/hora e, en velocidade lenta, nunca voan a menos de 80 km/hora. Estas serán manexadas por galegos e portugueses, procedendo un dos ultralixeiros de Madrid, outro de Barcelona e o resto de Portugal e Galicia. Como dato curioso, nesta ocasión participará como copiloto ao mando a federada máis nova de España, Enola Fernández, unha nigranesa de 6 anos que  voará xunto ao seu pai Sergio Fernández (nigranés vencedor das dúas últimas edicións e organizador) no papel de instrutor.

Precisamente, Enola e Sergio figuran nas quinielas como os máximos favoritos. “Lo que queremos es acercar la aviación al público en general. El enclave es privilegiado, es como el paraíso”, señaló Sergio.

 O paseo acollerá tamén a exposición de maquetas de avións de combate, a turborreacción e helicópteros

O campionato de ultralixeiros consta de tres probas diferentes que se poderán observar perfectamente na praia de Panxón e dende unha pantalla xigante de televisión que retransmitirá en directo as diferentes fases con cámaras instaladas na propia cabina dos ultralixeiros ou nun dron.

Tódolos aparatos despegarán dende o aeródromo de Cerval (Vilanova de Cerveira) para culminar as probas no areal de Nigrán. Este traxecto en coche supón uns 45 minutos, mentres que as aeronaves o realizan en 7-8 minutos.

As tres probas das que consta o campionato son:

Proba de navegación: o piloto recibe unhas coordenadas e debe localizalas no mapa sen axuda de GPS, sobrevoando o punto indicado. Un xuíz fotografará o seu paso ou non polo lugar sinalado e so puntuará se acerta.

Proba de  vo a estima: consiste en que o piloto calcule antes de despegar o tempo exacto que vai a tardar en voar dende o aeródromo base de Cerval (Vilanova de Cerveira) ata o areal de Panxón. Non puntuará todo aquel que sobrepase a súa previsión.

Aterraxe de precisión: no aeródromo de chegada, situado no areal de Panxón,  marcarase unha parrilla de 100 metros de lonxitude. A proba medirá a pericia do piloto á hora de tocar terra, así, a máxima puntuación a obterá aquel que aterre na primeira liña, 90 metros na segunda e así correlativamente. Esta é probablemente a proba máis complicada das tres.

O gañador do campionato será aquel que obteña o maior cómputo xeral  de puntos. Aínda que as previsións son boas, a organización, en función da situación meteorolóxica, suspenderá toda aquela proba que poida supoñer o mínimo risco para a seguridade tanto de participantes coma de público.

Paralelamente, celebrarase o III Campionato Galego de Grandes Maquetas de Radiocontrol, competición na que se valora a similitude da construcción co orixinal e a súa limpeza e estilo de voo.

Estas réplicas (arredor de 20) superan os 2 metros de envergadura e poden dispoñer de diferentes tipos de motorización, dende queroseno, gasolina a electricidade. O seu custe medio ronda os 3,000 euros ao estar dotados da última tecnoloxía en seguridade e equipo de control. Con algúns destes mesmos modelos tamén se fará unha exhibición de voo acrobático, ademáis, haberá unha exposición no paseo de maquetas de avións de combate, a turborreacción e helicópteros.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.